Moeche acolle o programa Corresponsables da Federación Galega de Tenis, tras a solicitude da Concellería de Deportes, Hoxe mesmo a Federación trasladoulle ao Concello a información definitiva para as inscricións e os horarios de desenvolvemento da actividade. Isto supón que este verán as clases de tenis virán organizadas desde o citado programa e a inscrición deberá facerse na plataforma da Federación. Así, adestradores/as titulados para a ensinanza deste deporte impartirán os cursos, que terán carácter gratuíto.  O Concello solicitou o programa de acordo co centro escolar de Moeche xa que a Secretaria Xeral do Deporte tiña previsto, inicialmente, que se realizase durante o curso escolar actual e un mes no verán; trasládase finalmente a xullo e agosto e cara ao primeiro trimestre do curso 2022-2023.

A Federación Galega de Tenis, en colaboración coa Secretaría Xeral do Deporte e a Secretaría Xeral de Igualdade, puxo en marcha o Plan de Corresponsables dirixido a nenos e nenas menores de 16 anos. Os obxectivos esenciais deste proxecto son darlle cumprimento ao Plan Corresonsables e, ademais, actuar directamente con programas e accións que incidan directamente na promoción da igualdade entre mulleres e homes fomentando a corresponsabilidade e favorecendo a conciliación das familias con nenas, nenos, mozas e mozos menores de 16 anos inclusive, todo a través da promoción da actividade física saudable e da promoción do tenis.

A duración total do Plan Corresponsables é de 6 meses, dende o mes de xuño ata o mes de novembro. Todas as actuacións se ofertan por meses independentes.

Lugar , datas e horarios
Os cursos desenvolveranse nas pistas de tenis municipais en Trieiro, Abade;  durante o curso escolar terán lugar no pavillón polideportivo .

Os horarios e datas ofertadas pódense consultar na ficha de inscrición https://acortar.link/MzD57g

– Nos meses de xullo e agosto ofértanse dous horarios, de 11 a 12 h ou de 12 a 13 h, os luns e xoves.

– A partir de setembro ata novembro, os horarios serán de tarde, de 15,45 a 16.45 horas

Procedemento de inscrición
A inscrición realizarase a través dun formulario publicado na páxina web da Federación Galega de Tenis:  https://www.fgtenis.net/gl/plan-de-corresponsables/  ou no enlace:  https://acortar.link/MzD57g

Establécese un prazo de inscrición centralizado a través da FGTenis, coa seguinte programación:

Meses

Apertura inscrición

Peche inscrición

Xuño

30 / 05 / 2022

06 / 06 / 2022

Xullo

30 / 05 / 2022

15 / 06 / 2022

Agosto

30 / 05 / 2022

04 / 07 / 2022

Setembro

30 / 05 / 2022

08 / 08 / 2022

Outubro

30 / 05 / 2022

05 / 09 / 2022

Novembro

30 / 05 / 2022

05 / 09 / 2022

Trala primeira data de peche de inscrición 06/06/2022, os grupos que queden confirmados do resto dos meses terán preferencia, aínda que quede aberta a inscrición ata a data de peche.

Cada oferta terá un número máximo de prazas.
◦ O número de prazas de cada grupo será de entre 4 e 8, tendendo a grupos reducidos.
◦ Se o número de solicitudes supera o número de prazas ofertadas seguiranse o seguintes criterios de acceso:
▪ 1º Accederán as familias monomarentais, monoparentais, vítimas de violencia de xénero e doutras formas de violencia contra a muller, mulleres en situación de desemprego de longa duración, mulleres maiores de 45 anos ou a unidades familiares nas que existan outras cargas relacionadas cos coidados.
▪ 2º Os grupos formaranse de forma inicial tendo en conta a idade, e posteriormente o nivel

Para máis información pódese chamar ao teléfono 986 212982 ou consultar no departamento municipal de Deportes 981 404046 ou ben no correo electrónico:  info@fgtenis.net

Tamén na Asociación R.C. e D. Club de Tenis e Pádel de Abade
O Club de Tenis e Pádel de Abade é tamén unha das entidades incluídas neste programa da Federación Galega de Tenis . A oferta a través do Club de Tenis conta con horarios diferentes para impartir estes cursos que se poden consultar en https://www.fgtenis.net/plan-de-corresponsables/ e terán lugar nas pistas municipais de Abade.

En función da acollida que teña o programa, desde o Concello de Moeche e o Club de Tenis e Pádel de Abade, organizarase conxuntamente a continuidade da actividade de tenis no curso escolar 2022-2023, a partir de novembro, cando, en principio, remata o programa Corresponsables da Federación Galega de Tenis e a Secretaria Xeral de Deporte.