Área recreativa Souto Grande

Área recreativa Souto Grande

E piscina municipal

Á beira da presa do Río Xubia, no chamado Fondo de Moeche, sitúase esta área de lecer. Bo equipamento, en harmonía co medio, con grellas, mesas, bancos de madeira , xogos infantis e zona de cafetería, convértese nun espazo ideal para gozar dun baño o unha xornada de descanso nun ambiente natural. Ao longo do verán este esparzo acolle actividades como proxeccións de cine ao aire libre, xogos populares, etc.

Piscina municipal

Situada na área recreativa Souto Grande, a piscina é descoberta e abre en período de verán, habitualmente de mediados de xuño a mediados de setembro. Pódese acceder a ela ben mediante entrada individual ben mediante un bono de tempada, individual ou familiar.

Programación piscina 2022

  • Aberta ao público dende o 20 de xuño ao 11 de setembro.
  • As entradas puntuais de acceso á instalación poderán ser adquiridas no ambigú situado na propia instalación.
  • Para obter os abonos da tempada, deberá formalizarse a inscrición no Concello de luns a venres en horario de 9:00 a 14:00. Recolleranse os carnés ao día seguinte da entrega da documentación.

 

Prezos:

Os prezos públicos vixentes según o Art. 5º A-6 da “Ordenanza reguladora do prezo público por utilización das instalación deportivas” (Ver Ordenanza) son:

Cómo chegar

[put_wpgm id=1]

Distancia/tempo aproximado:

Ferrol: 26km/30min
As Pontes: 24km/28min
Ortigueira: 31km/34min
Valdoviño: 24,5km/24min
A Coruña: 68km/60min
Lugo: 88km/1h6min