Lecer e turismo

O patrimonio arquitéctónico, as xeorutas, as festas, as feiras, a área recreativa, o Festival Irmandiño ou o Castelo ofrécense neste apartado como principais recursos turísticos do noso concello para as persoas que desexen  achegarse ata Moeche.

Oficina Municipal de Turismo

Moeche conta con Oficina de Turismo nos meses de verán e outono para ofrecerlle  a quen nos visite información turística sobre o territorio  e desenvolver accións de dinamización turística máis aló da habitual atención ao público, como a asistencia na planificación de rutas, nomeadamente as relacionadas co coñecemento xeolóxico do territorio ou aquelas que inclúan outros elementos patrimoniais e culturais e a promoción do Xeoparque Cabo Ortegal.

A Oficina de Turismo ten dúas localizacións, a Casa do Concello, en horario de mañá de mércores  a venres, e o Castelo, todos os festivos e as fins de semana.

Horarios da Oficina de Turismo de xullo a 15 de outubro

De mércores a venres;                            Casa do Concello : mércores a venres 11.00 a 14.00 h
                                                            
 
 
Sábados, domingos e festivos:             Castelo de Moeche: 11.00 a 14.30 h
                                                                                                            16.00 a 20.00 h

Ver PDF | Descargar PDF

Festa en Moeche
Feiras en Moeche
Entorno
Área Recreativa Souto Grande
Patrimonio Arquitectónico
Rutas Xeolóxicas
Festival Irmandiño
O Castelo