O Castelo de Moeche
A historia que non esquencemos
Posúe planta poligonal, en que a parte oeste vese defendida cun foxo escavado na rocha. No leste está a entrada, defendida cun baluarte apegado de planta irregular, co fin de incrementar a capacidade defensiva e controlar mellor o contorno.
Ten sete sectores e dúas poternas para coidado do foso. Dende o baluarte, atravesando a cadrada torre da homenaxe, unha das partes mellor conservadas e na que aínda apreciamos as ameas que a coroaban, accédese o patio de armas, ao que verten as catro estancias que conforman o Castelo.
Acceso: na estrada AC-642 hai que coller un desvío en dirección a San Ramón. Unha vez en San Ramón descéndese pola mesma estrada e a 3 km aproximadamente atópase o castelo [VER MAPA].
Material para grupos escolares
Unidade didáctica para coñecer o castelo e a súa historia
Horarios
Outono-Inverno 2020 (15 de outubro -30 de decembro)
Martes: 11.30 a 13.30 ; 16.30 a 19.00h
Mércores, xoves e venres: 16.00 a 19.00h
Fins de semana e festivos: 11.00 a 14.00 ; 15.30 a 19.00 h
Luns pechado por descanso do persoal.
Tarifas
Entrada individual
Menores de 6 anos e persoas empadroadas no Concello de Moeche: 0,00€
Entrada xeral (maior de 12 anos e sen carné xove): 2,50€
Entrada persoas xubiladas e mozos/as entre 6 e 12 anos: 1,50€
Entrada titulares do carné xove): 2,00€
Entrada grupos
Grupos de + 15 persoas: 1,50 €/persoa
Grupos de alumnado de centros educativos de educación infantil, primaria, especial, secundaria e universitaria de fóra da localidade: 1,00€/persoa
Grupos de alumnado de colexios do concello: 0,00€