Xeorutas en Moeche
Mina Piquito e Canteiras de Toelo
O cobre: mina Piquito
As primeiras exploracións na procura de cobre datan de finais do século XIX, cando unha empresa inglesa comezou a explorar os montes de Moeche e Cerdido. A súa explotación, a comezos do século XX, realizouse mediante trincheiras no terreo ou no mellor dos casos chegaron a facerse pequenas escavacións subterráneas. En Moeche a zona de maior riqueza concentrouse entre o val de Santa Cruz e A Pena da Cabra (Amosa), onde a empresa española “Mimesa” comeza a verdadeira explotación dos filóns ricos en cobre, na década dos corenta. Todo o mineral extraído das minas se transportaba ata unhas instalacións, aínda visibles a día de hoxe, onde era tratado quimicamente e os residuos tiñan por destino unhas balsas. Unha destas rachou arredor do ano 1960, producindo un desastre ecolóxico no río Xubia, do que moita xente aínda se lembra polo impacto que tivo.
O toelo ou pedra de Moeche
Toelo, pedra de Moeche ou serpentina, son as distintas maneiras que temos de denominar unha rocha que se atopa case exclusivamente no contorno de Moeche. Dende o punto de vista xeolóxico o toelo é unha serpentinita, é dicir, unha rocha constituída esencialmente por serpentina, talco e óxidos de ferro. En orixe eran rochas procedentes do manto terrestre, situado a máis de 70 km de profundidade, e que por diferentes procesos xeolóxicos se converteron nas rochas que vemos hoxe. O toelo é ademais un material con gran tradición histórica, posto que foi moi empregado para uso ornamental, especialmente no ámbito relixioso, na elaboración de cruceiros, nichos, panteóns, esculturas ou elementos do interior das igrexas. Mais tamén se observa en fontes, lavadoiros, linteis, piares, columnas, escaleiras ou no mobiliario de vivendas. A súa textura irregular pero chamativa, a súa cor xeralmente verdosa e a facilidade para tallalo fixeron que o toelo gañase moita sona dentro e fóra da comarca.
VERAN 2021 – RUTAS XEOLÓXICAS NO PROXECTO XEOPARQUE CABO ORTEGAL
Moeche ofrece nos meses de xullo e agosto 8 xeorutas para coñecer a mina Piquito e as canteiras de Toelo. A maiores compartimos co concello de Cerdido unha ruta do cobre.
Xeoruta Mina Piquito
Prezo: 6€ Duración: 2 h Difcultade: baixa Distancia: 2 km
Obrigatorio; botas de auga e lanterna. Uso obrigatorio de casco, achegado polo Concello.
Datas:
04.07.2021 19.08.2021
De 10.00 a 12.00h (Grupo 1) De 16.00 a 18.00h (Grupo 1)
De 12.00 a 14.00h (Grupo 2) De 18.00 a 20.00h (Grupo 2)
31.07.2021 29.08.2021
De 10.00 a 12.00h (Grupo 1) De 10.00 a 12.00h (Grupo 1)
De 12.00 a 14.00h (Grupo 2) De 12.00 a 14.00h (Grupo 2)
15.08.2021 04.09.2021
De 10.00 a 12.00h (Grupo 1) De 16:00 a 18:00 (Grupo 1)
De 12.00 A 14.00h (Grupo 2) De 18.00 a 20.00h (Grupo 2)
Ver VÍDEO DA XEORUTA
Xeoruta do Toelo
Prezo: 6€ Duración: 2.5 h Dificultade: baixa Distancia: 3 km
Datas:
17 de xullo e 8 de agosto de 2021
De 10.00 a 14.00h
Ruta do Cobre
Prezo: 6€
Datas:
25 de xullo e 21 de agosto de 2021
De 10.00 a 14.00 h.
Infomación sobre as visitas guiadas, calendario, grupos, prezos, etc, no telefono do Concello de Moeche, 981 404 006 ou en período de visitas consultar en https://rutasxeoloxicasdegalicia.blogspot.com.es