Tras un intenso verán, a fortaleza de San Xurxo inicia temporada outono/inverno co programa “Castelo de Sons” que aproveita a espectacularidade e sonoridade do recinto como espazo acaído para a música ao vivo. A Concellería de Cultura organiza este programa no comezo de outono con dúas actuacións musicais, unha para a rapazada máis noviña- Pakolas- e.outra – Airiños da Capela- para o público en xeral
As datas fixadas pola Concellaría de Cultura son o primeiro e o último domingo de outubro, o 6 e o 27 de outubro , ás 12.30 h
Comeza co son rockeiro de Pakolas e Laura Romero e o seu espectáculo, Ramona Órbita: cores, cantos e rock.
Nun entorno magnifico como é o Castelo de Moeche, Pakolas, rockeiro e guitarreiro, actuará para a rapazada presentado a historia de Ramona Órbita, unha muller labrega da Serra do Courel, que posúe unha horta cibernética con patacas automáticas, e ademais ten unha máquina do tempo, o seu mellor invento. Con ela viaxa ao futuro e ao pasado na procura de tecnoloxía para crear un mundo mellor máis ecolóxico e con enerxías limpas.
E xa rematando o mes, a Coral Airiños da Capela, seran as voces da Coral Airiños da Capela as que encherán o castelo coas súas cancións; preto de 35 voces mixtas cun amplo repertorio.
Este ano o programa Castelo de Sons conta coa colaboración da rede cultural Dinamiz-Artj, promovida polo Instituto para a Transición Xusta e a Fundación Ciudad de la Energía.
Últimos comentarios