A Aula TIC comezará o ano 2022 ofrecendo unha nova edición de curso de iniciación á informática e a Internet que permita chegar a máis persoas. Organízase unha nova convocatoria para os meses de xaneiro a marzo. Así mesmo, actívase o servizo de axuda presencial para trámites electrónicos destinado á veciñanza e ás  entidade asociativas

O  primeiro deles é o de Iniciación á informática e Internet desde o ordenador.

  • Datas: do 18 de xaneiro ao 16 de marzo
  • Horarios e días:
    • Grupo 1: martes de 10.00 h a 1130 h
    • Grupo 2: mércores de 10.00 h a 11.30 h

Información e reservas:  teléfono WhatsApp 616 016 793 ou presencialmente na Casa do Concello

O curso realizarase principalmente en liña (Zoom) e mediante cita previa haberá titorías presenciais. O requisito para participar é dispoñer dun ordenador e conexión aInternete.

Servizo Presencial de Axuda

Calquera veciño ou veciña que precise axuda para o Chave 365, certificado COVID; ou trámites en Internet pode acudir, previa cita, tanto aos locais sociais como na Casa do Concello, de  09.00 h a 14.00 h, nas datas e lugares  indicados a seguir:

  • Todos os xoves na Casa do Concello (excepto os de atención nos locais sociais)
  • Local social do Pereiro, 20 de xaneiro, 3 de febreiro e 17 de febreiro
  • Local social de Abade, 27 de xaneiro, 10 de febreiro e 24 de febreiro

A segunda actividade formativa é personalizada para as entidades asociativas sobre Trámites en liña coas administracións

  • Certificado electrónico da FNMT para as asociacións
  • Chave 365 e clave PIN
  • Trámites na sede electrónica do Concello e da Xunta de Galicia
  • Servizos de notificación: Notifica.gal e DEHU

As asociacións que necesiten axuda ou apoio en calquera dos trámites electrónicos poden solicitar asesoramento ben vía telefónica ou vídeo conferencia, ben presencial de 9 a 14 horas todos os xoves na Casa do Concello excepto os que se atenderá no local social de Abade , 27 de xaneiro, 10 de febreiro e 24 de febreiro,  ou no local social do Pereiro, 20 de xaneiro, 3 de febreiro e 17 de febreiro.