O Goberno municipal aproba a licitación das obras de pavimentación de pistas e camiños das cinco parroquias , de zona de concentracións parcelaria, por importe total de máis de 151.000,00€ , situadas O Confurco, Abelleira ao Retorno (Santa Cruz) , As Sequeiras -Trieiro, As Barbelas, Lavandeira – Vilapedre, (Abade -Labacengos) e Melle, DP 4907 a Portogonzalbo (San Xurxo-San Xoán).
A Xunta de Goberno aprobou as licitacións que se foron incorporando estes días na Plataforma de Contratos do Estado onde se poden consultar, ou nos enlaces que figuran ao final desta nova. Estas obras fináncianse entre o Concello de Moeche e AGADER, mediante axudas con fondos europeos para a rehabilitación de camiños en zonas onde se realizasen procesos de concentración ou reestruturación parcelaria. O Concello de Moeche presentou tres proxectos a esta convocatoria nos que se incluíron pistas situadas nas cinco parroquias. Con cargo aos fondos europeos achegados por AGADER asúmese pun 79% e o Concello faise cargo do 21% restante.
A contía total ascende a 151.710,98 euros, dos cales 125. 380,97 € asúmense coa subvención tramitada perante AGADER que non financia o IVE nin a redacción do proxecto ou a dirección de obra. Do 100% do orzamento elixible aprobado-, o 75% dos fondos proveñen do FEADER, a Xunta achega outro 17,5% e o Ministerio de Agricultura outro 7,5%. Pola súa parte, o Concello asumirá algo máis de 30.000 euros – os 26.330,00€ de IVE e os gastos de control de calidade e redacción de proxectos que superan os 9000 euros-
A rexedora local, Beatriz Bascoy, subliñou que estes proxectos “veñen sumarse ao plan do Concello de mantemento de vías aprobado con carácter anual e ás obras de pavimentación de camiños do POS da Deputación da Coruña, o que permite un forte investimento da rede viaria. Esta nova vía de financiamento, se ben limita as obras a pistas en zonas de concentración parcelaria cuns requisitos determinados, permite acondicionar máis de 6 quilómetros de vías nas cinco parroquias”.
O primeiro dos proxectos aprobado inclúe actuacións na parroquia de Santa Cruz, por importe de 31.793,31€ (IVE incluído), inun camiño do Confurco e a construción de salvagabias e gabias no camiño Abelleira – O Retorno. No primeiro, O Confurco, con 240 metros de lonxitude, constrúense novas canalizacións, gabias e acondicionarase un primeiro tramo con rega asfáltica e un novo tramo con saburra. A segunda actuación deste proxecto – Abelleira ao Retorno- contempla traballos en 2675 metros polas dúas marxes, con limpeza de gabias, novas canalizacións, e embocaduras de formigón e tratamento nas zonas danadas.
O segundo proxecto inclúe actuacións nas parroquias San Xoán -San Xurxo ascende a 65.560,22 euros -impostos incluídos– e céntrase nos camiños de acceso a Melle e o tramo desde A Zapateira – Portogonzalbo. No camiño de Melle, cunha lonxitude de 175 metros e un ancho actual de preto de 5 metros, acometerase un recrecido en toda a superficie e dobre rega asfáltica. O tramo de Portogonzalbo contempla actuación con aglomerado asfáltico.
No terceiro proxecto viario o importe da obra está orzamentado en 54.357,45 euros, IVE e céntrase nos camiños das concentracións de Abade e Labacengos : As Sequeiras- Trieiro, As Barbelas e Camiño Lavandeira- A Graña -Vilapedre.
No caso do tramo As Sequeiras- Trieiro, os dous camiños forman un cruce e teñen unha lonxitude de 400 metros que se pavimentarán, con perfilado de gabias e novas zonas de drenaxe no cruce. Nas Barbelas actúase sobre o camiño que percorre o núcleo de poboación, con dous tramos ben diferenciados, e unha lonxitude de 250 metros, e contará cun recrecido da superficie e dobre rega asfáltica. A intervención no camiño Lavandeira-A Graña- Vilapedre conta cunha lonxitude de 1280 metros, e acondicionarase nunha primeira parte de saburra e unha segunda de rega asfáltica ademais do perfilado de gabias
A Plataforma de Contratos do Estado ten xa publicadas as tres licitacións. Pódense consultar nos seguintes enlacess:
Proxecto camiños zonas concentración parcelaria Santa Cruz
Proxecto camiños zonas concentración parcelaria San Xoán -San Xurxo
Proxecto camiños zonas concentración parcelaria Abade-Labacengos
Plan de mantemento de vías 2024
Comezaron estas pasada semana as tarefas de rebacheo e mantemento de camiños danados tras o inverno n conxunto das cinco parroquias. As obras esta a executalas a empresa local Construcciones Jose No Mantiñan e Hijos, mediante contrato menor por algo máis de 700,00 euros. aproveitando a execución doutro paquete de obras de pavimentación, as do POS Adicional 2023, que están rematando nesta primeira quincena de xuño. Aprobarase unha segunda fase aproveitando a execución das pistas de zona de parcelaria que se centrará nas parroquias de Santa Cruz e San Xurxo.
O Goberno municipal contratou tamén a limpeza de gabias e construción de novas canalizacións en camiños de Abade, San Xurxo, San Xoán , que foron rompendo e producen asolagamentos no inverno de diferentes camiños. Contratóuselle a Construcciones Saavedra por 7.258,92€
A alcaldesa destacou o a importancia o de “manter activo todos os anos un plan anual de mantemento de vías e camiños que, se ben exixe cada vez máis recursos económicos, é vital para a extensa rede viaria municipal. Estas actuacións planifícanse no primeiro trimestre de cada ano en función do deterioro sufrido polo inverno e actúase segundo as choivas o permitan”
Últimos comentarios