O 15, 19 e 25 de agosto novas rutas xeolóxicas en Moeche.  Visitas guiadas á Mina Piquito  o 15 e 25 de agosto e Ruta do Toelo o sábado 19.  Dentro do Proxecto Xeoparque  Cabo Ortegal , Moeche promove as xeorutas á Mina Piquito e  as canteiras de Toelo, co objetivo de coñecer a nosa riqueza patrimonial  e a nosa historia. Se te queres inscribir, só tes que facelo on line , logo recibirás un correo para confirmar a  inscrición, logo realizas o pagamento e envías o xustificante.

XEORUTA DA MINA PIQUITO: a visita guiada posibilita entrar na derradeira mina subterránea de cobre que se pechou en Galicia, contra o ano 1969. Nesta antiga explotación mineira poderanse observar unhas excepcionais formacións de estalactitas e estalagmitas de cor azul, verde, branca, marrón e negra. Todo isto unido a que as rochas que constitúen esta mina estiveron no fondo do mar hai aproximadamente 400 millóns de anos, farán que esta xeoruta non deixe indiferente a ninguén.

Duración: 2 h. Distancia: 2 km. Dificultade: Baixa

Inscrición en xeoruta Mina Piquito

Prezo: 10€  Imprescindible levar botas de auga e lanterna. O casco entrégao o Concello.

Información na Casa do Concello, 981 404006 ou en rutas xeolóxicas de Galicia .

XEORUTA DO TOELO (+ VISITA AO CASTELO)
Con esta visita guiada poderá coñecerse de primeira man un dos materiais ornamentais máis exclusivos que temos en Galicia, as serpentinitas ou toelo. Estas rochas, cunha fermosa cor verde, foron obxecto de explotación dende o século XIX en numerosas canteiras do concello de Moeche. Algunhas destas explotacións e os produtos finais do seu traballo (cruceiros, dinteis, hórreos, escaleiras, etc.) poderán visitarse e contemplarse nesta xeoruta.

Duración: 2,5 h. Distancia: 3 km. Dificultade: Baixa Prezo: 6€

Inscrición en Canteiras Toelo

Información na Casa do Concello, 981 404006 ou en rutas xeolóxicas de Galicia