Escolas municipais culturais e deportivas
Ás portas do outono, o Concello de Moeche pon en marcha as escolas municipais, que regresan á actividade cunha chea de propostas deportivas e culturais para todas as idades.

Escolas deportivas
O prazo de inscrición estará aberto desde o 1 de outubro a través da Sede Electrónica ou presencialmente na Casa do Concello en horario de 9:00 a 14:00h de luns a venres. As escolas irán comezando na semana do 6.
Até o mes de maio poderemos practicar exercicios de mantemento suaves ou aplicarnos máis a fondo con pilates, spinning ou circuítos de forza. Ademais, para a xente miúda e a mocidade regresan as actividades gratuítas dirixidas principalmente ao alumnado do CEIP San Ramón, como son a patinaxe, o xadrez e o atletismo.
Para que as escolas vaian adiante farán falla grupos mínimos e os horarios poden variar dependendo da demanda. As prazas dispoñibles, que son limitadas, irán asignándose por orde de petición dándolle prioridade á veciñanza de Moeche e a aquelas persoas que asistisen ao curso completo na temporada 2024/2025.
As actividades extraescolares deportivas para a rapazada serán de balde, mentres que as das persoas adultas rexeranse polos prezos públicos marcados na ordenanza reguladora nº 16.

Actividades deportivas para persoas adultas

N.º de prazas Días Horarios

Lugar

Exercicio saudable Maiores+ 15 Luns, martes e xoves 17:10 a 18:00h Local social Abade
18:10 a 19:00h Pavillón Municipal
Pilates 15 Mércores e venres 10:00 a 11:00h Local social Abade
Martes 20:10 a 21:00h Pavillón municipal
Luns e xoves 19:10 a 20:00h
Adestramento funcional

(circuítos de forza, aeróbicos, core…)

15 Martes 19:10 a 20:00h
Spinning 12 Luns e xoves 20:10 a 21:00h

 

Actividades deportivas para a rapazada

N.º de prazas Días Horarios

Lugar

Patinaxe (4 a 8 anos) 15 Martes 15:30 a 16:45h CEIP San Ramón Pavillón Municipal
Patinaxe (9 a 12 anos) 15 Xoves 15:30 a 16:45h
Atletismo (5 a 12 anos) 15 Luns 15:30 a 16:45h
Xadrez (9 a 12 anos) 10 Martes 15:30h a 16:45h
Xadrez (5 a 8 anos) 10 Xoves 15:30h a 16:45h

Escolas culturais
O Concello de Moeche tamén promove a actividade de teatro dirixida por Pepablo Patiño, para adultos e para menores – con idades comprendidas entre os 6 e os 12 anos-.
Así mesmo, a oferts inclúe o ben acollido Obradoiro de memoria, da man da traballadora municpal Pilar Pazo, os venres pola tarde
Para levar adiante as actividades farán falla grupos mínimos de unhas 8 ou 10 persoas de cara a soster as actividades durante todo o curso. Pode ampliarse información no correo pilar.pazo@moeche.gal. Velaí os horarios previstos, suxeitos a variacións dependendo da demanda:

Actividade Día Hora Lugar Prezo
Teatro persoas adultas Xoves 20:00 a 22:00h  Centro Cultural Frco. Piñeiro

(Abade)

12€*
Teatro infantil (6 a 12 anos) Xoves 15.45 a 16.45h CEIP San Ramón 10€
Obradoiro de memoria (+60 anos) Venres 16:00 a 19:00h Casa do Concello Gratuíto

*De acordo coa ordenanza municipal reguladora de actividades culturais, establécese unha matrícula para o teatro de adultos por importe de 50% dunha mensualidade, do 45% no caso de matrícula en dúas actividades e do 30%, no caso de matrícula en tres actividades.

As inscricións nas escolas culturais poderán facerse a partir do 24 de setembro a través da Sede Electrónica (cubrindo os formularios que se poden descargar da web municipal) ou presencialmente na Casa do Concello en horario de 9:00 a 14:00h de luns a venres.

Fichas de inscrición

Adestramento funcional  | Formato editable | Formato PDF
Pilates  | Formato editable | Formato PDF
Spinning | Formato editable | Formato PDF 
Exercicio saudable Maiores+ | Formato editable | Formato PDF 
Escolas infantís deportivas: tenis, atletismo, xadrez patinaxe| Formato editable | Formato PDF 
Teatro infantil  | Formato editable | Formato PDF
Teatro adult@s  | Formato editable | Formato PDF
Obradoiro de memoria : solicitude xeral.