Aula Tic de Moeche ofrece unha nova actividade para ir avanzando no seu programa de alfabetización dixital da veciñanza. No mes de novembro pódese participar no curso COMO UTILIZAR O TEU SMARTPPHONE, para aprender a manexar os novos teléfonos móbiles.

Data de comezo: 2 de novembro

Data de remate: 25 de xaneiro

Días: todos os xoves

Horas: 10.0 a 12.00 horas. Duración: 22 horas

Curso gratuíto. Prazas limitadas.

Información e inscrición; Casa do Concello 981 404006/ 616 016 793  ou en correo@moeche.gal