A aula de alfabetización dixital do Concello impartirá o mes de febreiro un  curso para aprender a manexar o Whatsapp desde cero.

Contido:

  • Instalación e configuración.
  • Privacidade e seguridade
  • Chamada, videochamada e chat
  • Compartir fotos e vídeos
  • Compartir documentos, localización e contactos
  • Crear grupos e listas de difusión
Todo o Whatsapp condensado neste curso para o que non fan falla coñecementos previos e que está especialmente  recomendado para persoas maiores que queiran sacarlle máis partido ao seu teléfono móbil.
  • Datas: do 1 de febreiro ao 22 de marzo
  • Horario:  xoves de 10.00 a 12.30 h
  • Duración: 20 horas
  • Nº de prazas: 10
  • Curso gratuíto
Información e inscricións:
Teléfono: 981 404 006 / 616 016 793
Whatsapp: 616016793
Correo: aulaticmoeche@gmail.com
Aula TIC: rúa da Feira nº 32 – San Xoá