Novos colectores de residuos téxtiles e de aceite doméstico en Abade, Santa Cruz, Labacengos e San Xurxo. Nas parroquias de Abade e Santa Cruz colocáronse nas últimas semanas colectores para residuos téxtiles- roupa, zapatos, bolsos, toallas ou roupa de cama e similares. Un situado en Trieiro, Abade, na zona dos locais sociais, e outro no lugar da Igrexa, en Santa Cruz. Os novos colectores de aceite doméstico situáronse en Santa Cruz, na Ermida, Labacengos, na Igrexa, e en San Xurxo, no Castelo de Abaixo.
No ano 2024 Moeche recolleu 3400 kg de residuos téxtiles nos tres colectores instalados anteriormente e aos que se sumaron dous novos. Ademais nas últimas semanas ampliáronse a varias parroquias tamén os colectores de recollida de aceite usado de cociña,. Deste xeito vaise cubrindo o conxunto das parroquias co fin de facilitar a reciclaxe. Na mesma liña, este verán ampliarase o programa de compostaxe.
Moeche incrementou nestes últimos anos o número de colectores co fin de avanzar na reciclaxe de resíduos e reducir o lixo destinado a Sogama, e polo tanto o gasto. Unha redución máis necesaria ca nunca dada suba que a Xunta de Galicia comunicou aos concellos xa para este ano 2025: a tonelada de lixo pasa de 68 euros a 108 euros. Moeche entrega unha media 26-27 toneladas cada mes, incementando nos meses de verán.
A nova tarifa, 108€ por tonelada de residuos, que Sogama lles cobra ao Concello , reducirase a 95€ sempre que a final de ano aumentamos a recollida de residuos de plásticos e envases nun 3% ou se reduzan ao residuos orgánicos no colector verde, é dicir, cómpre avanzar na compostaxe.
Concello consegue financiamento para seguir ampliando o programa de compostaxe
O Concello acadou financiamento para o proxecto de ampliación do programa de compostaxe- iniciado hai uns anos- e dunha liña especifica para os grandes produtores -residencias, hostalaría, escola, etc. O importe do proxecto é de 6000,00 € , dos que 5400,00€ serán financiados con fondos europeos xestionados pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade , e o 600,00€ restantes deberá achegalos o Concello.
Nas próximas semanas adquiriranse os composteiros , de dous tamaños, domesitcos e para grandes produtores, e comezará campaña de distribución cun seguimento e asesoramento específico para os grandes produtores.
Últimos comentarios