O  pagamento da “contribución”  ou da “rodaxe”  – o imposto de bens inmobles  (IBI) ou o imposto sobre vehículos de tracción mecánica (IVTM)  – , tributos municipais de cobro periódico,  poderá dividirse en 10 mensualidades anuais. Tamén se establecen dúas datas de pagamento voluntario, o que permitirá á veciñanza que prefira pagar os seus recibos dentro do período voluntario, facelo en dúas metades. Así o acordou a Deputación da Coruña quen xestiona o cobramento destes impostos municipais no caso do Concello de Moeche e moitros outros  municipios. As e os contribuíntes interesados/as en acollerse a este plan individualizado deberán presentar a súa solicitude antes do día 30 de abril de 2021

Este medida súmase a outras aplicadas para os impostos municipais xestionados polo ente provincial como foi a suspensión de providencias de prema e embargos durante o Estado de Alarma ou a ampliación dos períodos voluntarios de pago.

No caso do Concello de Moeche ocorre como en numerosos concellos da provincia, é a Deputación da Coruña quen se encarga do cobro destes tributos, que ata agora só podían pagarse nun único prazo Co obxectivo de facilitar o cumprimento das obrigas tributarias, a Deputación da Coruña vén de aprobar este sistema especial de pagamento de cotas por recibo que permitirá a quen se acolla flexibilizar os ingresos correspondentes ao período voluntario, podendo dividir o pagamento en 10 mensualidades a partir de 2022 e 7 prazos durante este primeiro ano de vixencia.

As e os contribuíntes interesados/as en acollerse a este plan individualizado deberán presentar a súa solicitude antes do día 30 de abril de 2021. Poderán solicitalo a través da web da Deputación www.dacoruna.gal (Servizos Tributarios/Impresos), da Oficina Virtual Tributaria (OVT) ou en persoa a través de calquera das oficinas tributarias da Deputación da Coruña.  Os modelos de solicitude poden solicitarse tamén a través do teléfono gratuíto 900 132 204 ou do correo electrónico atencion.tributaria@dacoruna.gal

Dous períodos de pagamento en periodo voluntario

Entre as novas medidas tamén se establecen dúas datas de pagamento voluntario, o que permitirá á cidadanía que prefira pagar os seus recibos dentro do período voluntario, facelo en dúas metades.

Para calquera dúbida ou consulta, a Deputación mantén aberto o Servizo de Atención ao Contribuínte a través do teléfono gratuíto 900 132 204 e do correo electrónico atencion.tributaria@dacoruna.gal, así como a Oficina Virtual Tributaria (https://www.dacoruna.gal/servizos-tributarios/oficina-virtual/) na que se poden realizar trámites, consultas e xestións as 24 horas do día, os 365 días do ano.

https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2021/03/29/2021_0000002450.html

https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2021/03/29/2021_0000002449.html