A unidade móbil da inspección técnica de ciclomotores desprazarase a Moeche a comezos de febreiro. A data prevista é o 5 de febreiro en horario de 9:00 a 13:30 h. A unidade, coma sempre, situarase no recinto feiral de San Ramón. Débese solicitar cita previa a través da web ou chamando ao 902 309 000.
ITV Ciclomotores
- do 05/02/2024 ao 05/02/2024 Recinto feiral (Moeche)
O horario de atención será de 9:00 a 13:30 pola mañá,
Para solicitar cita previa a partir do 5 de xaneiro de 2024 :
- Por teléfono: 902 30 90 00
- A través da páxina web: www.sycitv.com – Cita previa
NOTA: A admisión de vehículos con características particulares estará condicionada á posibilidade de realizar as operacións de inspección regulamentarias
Prégaselle ás persoas usuarias a máxima puntualidade para evitar demoras innecesarias. É importante,ademais, levar toda a documentación requirida: permiso de circulación, o certificado de características técnicas do vehículo, a tarxeta da inspección técnica e o recibo do seguro.
Para axilizar a inspección -e tamén para ter máis garantías de superala- tamén é aconsellable facer previamente varias comprobacións, como o correcto funcionamento de luces, intermitentes, sinalización de emerxencia , etc.
Últimos comentarios