O 14 de marzo, na fin de semana da Feira do Queixo o Castelo, co seu Centro de Interpretación das Revoltas Irmandiñas, abre as súas portas para a nova tempada. As salas do castelo ofrecen a exposición permanente sobre as Revoltas Irmandiñas , que permiten un coñecemento polo miúdo do que foi un dos episodios máis significativos da historia de Galicia. Así mesmo, unha das salas adoita acoller exposicións temporais e ata mediados de maio poderase visitar unha primeira exposición de artesanía – madeira, pintura, cestería e cantería-.
Logo das labores de limpeza e mantemento das estancias, canalizacións, saneamento, salas, torre de homenaxe, etc, o castelo abrirá co horario de primavera que se verá ampliado xa en maio e que se pode consultar máis abaixo.
No marco da VIII Feira do Queixo , o domingo 15 de marzo, ofrecerá un horario especial, mantendo abertas as súas portas ao público de 12 a 19 h
Exposición de artesanía: madeira, pintura, cestería e cantería
Datas: do 15 de marzo a 17 de maio
Unha das salas do Centro de Interpretacións da Revoltas Irmandiñas, no Castelo, acollerán unha exposición de artesanía en madeira e pedra, así como cestería e pintura, das mans dun veciño da parroquia de San Xurxo, José Luís Beceiro Calvo, quen nos ofrecerá as obras artesás que foi elaborando ao longo destes anos. Pezas que plasman espazos e imaxes identificativas de Moeche usando nalgunhas delas o toelo ou pedra de Moeche. Nesta exposición colabora AVCR Val de Moeche, foro no que se desenvolveron nos últimos anos varios obradoiros de cestería e pintura, entre outros, e nos que o autor realizou algúns dos seus traballos.
Marzo a abril: sábado, festivos e fins de semana de 11.30 a 14.00 h. e 16.30 a 19.30 h.
Venres: de 16.00 a 19.00 h.
Maio- xuño: Sábado, festivos e fins de semana de 11.30 a14.00 h. e 16.30 a 19.30 h.
Mércores a venres: de 11.00 a 14.00 h. e 16.00 a 19.00 h.
* Horario especial Feira do Queixo: de 12 a 19 h








Últimos comentarios