O Goberno municipal  presentou en Pleno a proposta de distribución do importe da 2ª fase do POS+ complementario – Deputación da Coruña- 194.279,40, que se destinará á  adquisición de dous vehículos para o  Departamento de Servizos e Obras,- 65.000,00€- e a cantidade restante 129.279,40€  a sufragar o gasto corrente (luz, auga, saneamento , accesos a núcleos, limpeza  de edificios, residuos, etc). O total do POS* Complementario 2026  destinado para Moeche pola  Área de Plans da Deputación da Coruña,  ascende a   275.847,99€,  e inclúense tamén os investimentos que permitirán levar a rede auga ata o lugar da Corveira e a nova iluminación, para aforro enerxético, no campo municipal de fúbtol.

O Goberno municipal destinará o importe da 2ª fase do POS+ complementario – Deputación da Coruña- 194.279,40€:

  • adquisición de dous vehículos para o  Departamento de Servizos e Obras,- 65.000,00€-
  • sufragar o gasto corrente (luz, auga, saneamento , accesos a núcleos, limpeza de edificios, residuos, etc)  -129.279,40€ .

A proposta do Goberno municipal foi aprobada este pasado xoves 17 polo Pleno en sesión extraordinaria.. Aprobouse o proxecto de adquisición de dous vehículos, unha vehículo con caixa de carga basculante e unha furgoneta, para apoio aos labores de roza e limpeza  e traslado de material e  servizos xerais das competencias propias do Concellos. Unha vez transcorrido os prazos  de aprobación e exposición  por parte da Deputación da Coruña, o Concello poderá proceder á súa licitación.

A cantidade restante 129,279,40 € acordouse destinala a sufragar o gasto corrente municipal, que inclúe o groso do gasto  fixo dun concello:  combustible, luz pública e de edificios municipais,  mantemento  maquinaria e vehículos, mantemento de accesos a núcleos, mantemento da rede de saneamento,  limpeza de edificios municipais e centro escolar,  rede de abastecemento de auga, análises,  etc.

O total do POS* Complementario 2026  destinado para Moeche pola  Área de Plans da Deputación da Coruña,  ascende a   275.847,99€ . Ademais do gasto corrente e a adquisición dos dous vehículos,  incluíronse os proxectos presentados inicialmente, que estaban á espera de confirmación do financiamento tras a correspondente incorporación de remanente na Deputación da Coruña: Nova rede de abastecemento no lugar de Corveira (San Xoán) a  Reforma de instalación de iluminación exterior no campo municipal de fútbol, proxectos que serán licitados en breve xa que  foron confirmados recentemente.