O Concello adxudicou esta semana en Xunta de Goberno o contrato de obras de “ Pavimentación de camiños en Vilazanche, Casanova, Finlle, Requiá, Balocos, O Piñeiro e Labacengos”, á empresa Jose No Mantiñan e Hijos, Construcciones S.A, quen acadou a mellor puntuación na licitación publicada na Plataforma de Contratos do Estado. A obra adxudicouse por 91.708,20€ ( 75.791,90€ + IVE: 15.916,30€); o prezo de licitación foi de 95.519,43€.
Tras a valoración das ofertas presentadas, a mesa de contratación do Concello propuxo como a oferta con maior puntuación a presenta por Jose No Mantiñan e Hijos, Construcciones S.A, por importe de 91.708,20€ ( 75.791,90€ + IVE: 15.916,30€). A Goberno municipal aprobou a proposta de adxudicación esta mesma semana e nos próximos días procederase á sinatura do contrato, A execución da obra deberá realizarse no prazo máximo de 4 meses e comezar dentro dos quince días seguintes ao da sinatura da acta de comprobación de reformulo e a presentación por parte da empresa dos documentos previos requiridos pola normativa de contratación pública
Os camiños obxecto da intervención nas cinco parroquias son camiño de Vilazanche (Santa Cruz), camiño de Casanova (Santa Cruz), camiño de Finlle (Abade), camiño de Requiá (San Xurxo), camiño de Balocos (San Xoán), acceso na Cruz (Labacengos) e camiño do Piñeiro (San Xoán). As obras están financiadas cos fondos outorgados ao Concello pola Deputación da Coruña no marco do POS+ 2025.
O conxunto da intervención requiriu os informes técnicos e autorizacións sectoriais de Estradas, Augas de Galicia e Patrimonio da Xunta de Galicia, así como de Vías e Obras da Deputación da Coruña.









Últimos comentarios