A licitación do proxecto de Reposición de beirrarrúas do centro de sáude á estrada da feira foi aprobada este martes polo Goberno municipal en Xunta de Goberno. Un proxecto que o Concello de Moeche incluíu no POS+ 2023 financiado no 100% do investimento pola Deputación da Coruña. O contrato, cifrado en 61,645.22€ euros, IVE incluído, servirá para conseguir unha notable mellora na seguridade viaria do entorno no centro de saúde e da rúa Andrés Pérez Soto facendo das marxes desta estrada un entorno moito máis cómodo e accesible para os peóns. As empresas interesadas poderán presentar as solicitudes por un prazo de vinte días naturais contados desde o día seguinte ao de publicación na Plataforma estatal de Contratación do Sector Público.
O proxecto suporá a pavimentacíón en formigón impreso coloreado do perímetro do centro de saúde, cunha novas beirarrúas máis anchas, asi como as beirarrúas de ambos lados da rúa Andres Pérez Soto. Na fachada leste do Centro de Saúde aproveitarase a demolición das beirarrúas actuais para retranquear o bordo a 2 m dende a posición actual, reducindo lixeiramente unhas beirarrúas que aínda así resultan moi anchas e aproveitando o espazo gañado para un aparcamento en batería con máis capacidade xusto diante do centro de saúde. Por outra banda, colocaranse novos bancos nas proximidades.
A reposición de beirarrúas seguirá durante algo máis de 30 m cara á dereita, xa pola estrada da Feira, ata chegar ao remate dun muro existente despois do negocio de hostalaría Bar Sixto; nesta zona mantense o ancho pero con bordo enrasado coa calzada, para mellorar a accesibilidade neste punto e a colocación de canaleta con reixa para a recollida das pluviais ao longo da fachada.
Nos rebaixes para os pasos de peóns tamén se colocarán os correspondentes pavimentos táctiles para axudar ás persoas con problemas de visión: de botóns nas inmediacións do paso e de barras direccionais en sentido transversal ao itinerario peonil,
Iniciase agora o procedemento de licitación e unha vez rematado e asinado o contrato, o tempo de execución será de catro meses . O proceso de licitación do contrato para a Formación de novas beirarrúas e reposición das xa existentes poderase consultar na Plataforma estatal de Contratación co Sector Público, unha vez subida a documentación á plataforma, tanto desta como doutras licitacións tamén aprobadas na sesión de Xunta de Goberno desta semana. A partir da súa publicación na Plataforma de Contratación do Estado, as empresas interesadas poderán presentar as solicitudes por un prazo de vinte días naturais contados desde o día seguinte ao de publicación.
Enlace licitación:https://contrataciondelestado.es/wps/poc?uri=deeplink:detalle_licitacion&idEvl=QtwTA6N6oNTua%2Fi14w%2FPLA%3D%3D
Últimos comentarios