A Xunta de Goberno local aprobou, esta mesma semana, a concesión de axudas a un total de 26 familias para o pago dos gastos enerxéticos. Das 27 solicitudes presentadas, 26 cumprían algúns dos requisitos establecidos nas bases dunhas axudas dirixidas ás familias máis vulnerables. O prazo para presentar as solicitudes rematou o pasado venres 10 e resolvéronse o mércores 15. Agora o Concello fará efectivo o ingreso da axuda – trátase dun pagamento único de 150€ – ás familias, unha vez transcorrido de exposición ao público . 15 dias- para presentar alegacións. Esta liña de axuda está financiada nos fondos que no marco do POS+Social a Deputación da Coruña asigna ao Concello de Moeche para diferentes accións de Servizos Sociais.
O Concello fará efectivo o ingreso da axuda – trátase dun pagamento único de 150€ – tan axiña transcorra o prazo de presentación de alegacións, – 15 días hábiles- a contar desde a recepción da notificación e publicación. As destinatarias son todas as familias que cumprían os requisitos como unidades de convivencia con menor renda e, entre outros, que xa sexan beneficiarias do bono social eléctrico cunha antigüidade mínima de 3 meses Con esta axuda aos fogares o Concello colabora para aliviar parte da carga que supoñen os gastos enerxéticos.
A axuda establécese con cargo ás achegas do POS Social da Deputación da Coruña e ten por finalidade apoiar ás familias máis vulnerables ou en risco de exclusión social axudándolles a facer fronte ao pagamento da subministración enerxética.
O Concello, desde o departamento de Benestar Social, simplificou ao máximo a tramitación e ofreceu a posibilidade de ter o apoio do persoal da Concellería de Benestar Social para orientar ás familias na tramitación






Últimos comentarios