A Casa do Concello acolleu este luns pola maña á a sinatura do convenio de colaboración para o desenvolvemento do XLVII Festival Irmandiño. A alcaldesa de Moeche, Beatriz Bascoy Maceiras, e o presidente da AC Irmandiños de Moeche, Alexandre Campos Saavedra, asinaron o documento de colaboración que supón unha achega económica municipal de 9.000 euros para a organización da 47ª edición do Festival Irmandiño. O evento celebrarase desde a noite do venres 21 até a tardiña do domingo 23, días nos que se poderá gozar dun programa de múltiples actividades tanto no campón do Melle como no Castelo e dun excelente cartel. O Castelo acollerá o acto de presentación o mércores 12 de agosto.
O Concello amosa o seu compromiso co Festival Irmandiño, tal e como se recolle no convenio, cunha achega económica que ascende a 9.000 euros, co fin de colaborar nun festival que cumpre xa 47 anos , ao longo dos cales contou coa participación e traballo entusiasta de varias xeracións.
O Concello colabora, como nos últimos anos, coa achega económica e tamén con material loxístico -valados, colectores, etc.-, soporte persoal, coordina a axuda das agrupacións de Protección Civil de varios concellos da zona e facilita que o castelo poida ser visitado de balde durante toda a xornada do sábado, día central do Irmandiño e coa contratación do grupo musical Os D´Abaixo, no marco do programa que o Concello desenvolve coa da Rede Cultural da Deputación da Coruña, de forma que a Deputación lle reintegra ao Concello un 75% do importe da contratación.
Por parte da asociación cultural asúmese a contratación dos restantes grupos convidados este ano e de aspectos como a preparación e posterior limpeza do recinto e zonas de acampada, ;plan de prevención, do alugamento do escenario, luz e son; da subscrición dun seguro de responsabilidade; da publicidade e difusión do festival, instalación de baños de calquera outra cuestión organizativa que non apareza recollida no acordo.
Presentación co XLVII Festival Irmandiño no Castelo de Moeche
Tradición, historia, xogos populares, asalto infantil, “merendas”, concertos a e actividades paralelas para un Festival Irmandiño que ofrece un programa variado que , de seguro, atraerá moita xente a Moeche. A presentación oficial desta nova edición do Festival Irmandiño terá lugar o vindeiro mércores 12 no Castelo de Moeche.
Se ben, a asociación xa foi adiantado parte do programa, que se centra na música nunha oferta ampla e variada de actividades desde o venres 21 ata o domingo 23. Día tamén para pasar pola feira de Moeche antes de participar na xornada de peche do festival
Este ano volve o Trail dos Irmandiños Castelo de Moeche e faino o sábado 22 de agosto, da man do Club 21Leguas
O Festival Irmandiño conta coa diferentes colaboracións de entidades e empresas, nomeadamente a da Area de Cultura da Deputación da Coruña, a do Concello recollida no convenio, e co traballo da organización e persoas colaboradoras co fin de sacar adiante un festival de carácter gratuíto.








Últimos comentarios