Recentemente o Concello recibiu a aprobación da solicitude presentada xa a comezos do mes de febreiro, no marco do programa APROL Rural, á Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, o que permite a contratación durante 9 meses dunha persoa desempregada para desenvolver tarefas forestais (rozas e limpezas). 

O Concello presentou o pasado mes de febreiro unha solicitude para a contatación de persoal ao abeiro do programa APROL Rural da Xunta de Galicia, co obxectivo de poder abordar os desbroces e limpezas forestais en pistas, camiños e outros elementos patrimoniais. Unha vez recibida a autorización e a subvención por importe de 13.977,09 euros,  elaboráronse as bases para o proceso selectivo dun peón ou peoa forestal e procedeuse a solicitarlle ao Servizo Público de Emprego de Galicia unha listaxe de persoas que cumprisen os requisitos marcados pola convocatoria da Consellería. O tribunal, composto por funcionariado e persoal laboral municipal, valora os méritos para a fase de concurso e a seguir as persoas candidatas deben superar unha proba práctica das funcións propias do posto. O contrato asinado ten unha duración de nove meses a xornada completa

Convenio

No mesmo ámbito, o Concello está agardando pola renovación do convenio anual que permita dar inicio aos labores de desbroce de pistas e camiños  que comprenden as 75 hectáreas que o Concello debe rozar e limpar desde a sinatura do convenio ata finais  de verán. En paralelo, fóra do citado convenio, o persoal municipal xa comezou na primeira quincena de maio os labores de roza daqueles camiños que non engloba o convenio, un documento no que a Xunta de Galicia introduciu este exercicio modificacións para o conxunto dos concellos, o que está a demorar a súa aprobación.

Bases do programa APROL Rural

Bases contratación temporal peon/peoa forestal

Actas tribunal e listaxes