Con motivo da celebración da VIII Feira do Gando, que terá lugar o vindeiro 14 de xuño no recinto feiral de San Ramón, o Concello de Moeche organiza unha nova edición do Concurso de Fotografía Feira do Gando, unha iniciativa que busca poñer en valor o rural, a gandaría e a vida vencellada á terra a través da imaxe.

O certame conta, como é  habitual,  con tres categorías

:• Foto dunha gandaría
• Foto da vida no rural
• Foto infancia no rural

Cada persoa participante poderá presentar unha fotografía por categoría. As imaxes deberán ser inéditas e enviarse entre o 1 e o 7 de xuño ao correo electrónico correo@moeche.gal, indicando no asunto o título da fotografía e o nome da autora ou autor.

As fotografías participantes publicaranse na páxina de Facebook do Concello de Moeche, onde o público poderá votar mediante “Gústames”. Ademais, o día da feira estarán expostas na nave do Mercado, onde tamén se habilitará unha urna para a votación presencial.

O concurso repartirá premios para a mellor fotografía de cada categoría e tamén para a imaxe máis votada polo público. A entrega de premios celebrarase o sábado 20 de xuño ás 12:00 horas no Mercado.

As bases completas do concurso poden consultarse na sede electrónica e na páxina web