Celebraranse cada mércores de 16:30h a 18:00h no Fco. Piñeiro de Abade, serán completamente gratuítos, e estarán guiados por Gestión Plus. A actividade desenvolverase en dúas etapas ao longo do ano 2026: a primeira do 11 de febreiro ao 17 de xuño, e a segunda do 7 de outubro ao 16 de decembro

Un ano máis, dentro do Programa Coidat+ creado desde a Área de Benestar Social, o Concello de Moeche e Gestión Plus poñen en marcha un obradoiro de musicoterapia para persoas maiores de 60 anos do municipio.

Nesta liña, a Concellería de Benestar Social vén de abrir o prazo de inscrición no programa, de balde para as persoas participantes.

As prazas son limitadas e para anotarse é preciso formalizar a solicitude no departamento municipal de Servizos Sociais, de forma presencial ou chamando ao teléfono 981404006.

Esta actividade está financiada a través da subvención para o financiamento de actividades de envellecemento activo e actuacións contra a soidade non desexada no ano 2026 da Deputación da Coruña.