O Concello de Moeche comezou onte a distribuír as pantallas faciais de protección entre os establecementos que se manteñen abertos ao público. Estas pantallas están fabricadas por Leticia Casal Gudín, veciña de Moeche, e de Iván Fernández Bellón, dous mozos que fabricaron varias proteccións faciais con impresoras 3D para colaborar co Concello, dedicando o seu tempo e material. A súa solidariedade permite que o Concello llelas poida achegar aos supermercados, panadarías, farmacia, estancos e outros establecementos abertos ao público, así como ao Centro de Saúde para aquel persoal que aínda hoxe carecía delas.

As pantallas están sendo repartidas polo persoal municipal de Servizos e incorporan unhas breves normas de limpeza e desinfección do material facilitadas polos servizos sanitarios que deben poñerse en práctica antes de usalas por primeira vez. 

As pantallas protexen a cara e máilos ollos e presentan como vantaxe que se poden lavar e desinfectar sen danalas, ao tempo que ofrecen determinado nivel de protección para o desenvolvemento do traballo nun establecemento nas actuais circunstancias.

Estas pantallas son froito das iniciativas de traballo voluntario xurdidas no conxunto do Estado con impresoras 3D, e están sendo usadas nas diferentes comunidades autónomas, entre elas Galicia.