O Goberno municipal destina unha parte dos fondos do POS`+Adicional 2025 á renovación total do parque infantil de San Ramón, unha zona de xogo para a rapazada. O proxecto aprobado o pasado ano por importe de 46.900,81 €, foi incluído nos posibles fondos do POS+ Adicional, e unha vez confirmados e aprobados pola Deputación da Coruña, acordouse o procedemento de contratación a través da Plataforma de Contratos do Sector Público, onde se publicará e comezará un prazo de 20 días naturais para que as empresas interesadas poidan presentar as súas ofertas.
O parque infantil situado nos xardíns da Casa do Concello foi obxecto de melloras de mantemento no ano 2017 necesarias dado o seu estado naquel momento, ademais de dotalo de bancos, pero o uso e o paso do tempo fórono deteriorando cada vez máis , de tal xeito que necesita ser substituído na súa totalidade. Alén disto, é vontade do Goberno municipal incluír novos elementos de xogo para complementar a oferta de lecer.
O proxecto ten como obxecto a mellora da dotación do parque- 235 m² de superficie- e inclúe retirar o valado existente, a colocación dun novo no mesmo lugar, retirar os xogos e a colocación de novos xogos con estrutura de aceiro galvanizado para nenos de 3 a 12 anos, así como da reposición das baldosas de caucho en mal estado e o valado colocaranse sobre a soleira existente. No que respecta ao deseño e fabricación, os elementos ofertados deberán aterse aos condicionantes da norma UNE EN1176-1.
O novo equipamento incluirá unha estrutura multixogo, unha randeeira cesta, un bambán de dúas pezas, xogos de resorte de catro prazas, papeleiras inclusiva e un novo valado para todo o perímetro, sinalización e a nova pavimentación de caucho. Para a elección do deseño, modelo e cores contarase coa opinión do Grupo de Participación Infantil do CLIA.
O proxecto inclúa a subministración do material e a súa colocación por importe de 46.900,81 €- As empresas poderán presentar as súas ofertas nun prazo de 20 días naturais a partir do día seguinte da publicación na Plataforma de Contratación do Sector Públic Oso, isto é, ata o 3 de setembro de 2026. criterios de adxudicación son a mellor oferta económica e a redución do prazo de subministración.








Últimos comentarios