O Concello de Moeche inicia tres contratacións temporais de persoal para Servizos e Obras. Os postos temporais son de condutor/a tractorista, peón/peoa tractorista, con cargo ao PEL da Deputación da Coruña, e operario forestal, con cargo ao programa Suma Talento da Consellería de Emprego, liñas de axudas públicas para entidades locais e con achega de fondos municipais, que permitirán reforzar os servizos municipais durante os vindeiros meses.
O primeiro proceso enmárcase no Plan de Emprego Local (PEL ) 2026 da Deputación da Coruña o que se acolleu o Concello de Moeche. Un programa dirixido a aqueles municipios da provincia que contan cunha poboación inferior aos 20.000 habitantes, polo que recibe 22.000 euros, que lle permitirá contratar con carácter temporal – 5 meses cada un- un condutor ou condutora da maquinaria municipal e un peón tractorista a xornada completa
En relación coa contratación de operarios ou operarias no PEL, o Concello enviou ao BOP as bases para a súa publicación. As persoas que, desexen inscribirse, ademais de ser demandantes de emprego rexistradas no SPEG, deben cumprir, polo menos, unha das condicións establecidos no Programa de Emprego Local da Deputación da Coruña: ter máis de 45 anos, levar en situación de desemprego dous ou máis anos, ter unha discapacidade recoñecida igual ou superior ao 33%, ser muller, vivir nun fogar onde ninguén teña traballo, ser familia monoparental, non ter fogar, ter dificultade para atopar traballo por razón do idioma ou circunstancias socioculturais, ser vítima de violencia de xénero ou encontrarse nunha situación de drogodependencia.
As bases, aprobadas por resolución de Alcaldía, que rexerán a contratación entre as persoas que se presenten publicaranse no BOP estes días e xa se poden consultar na web municipal xunto co nomeamento do tribunal cualificador. A selección realizase entre estas persoas mediante concurso- oposición conforme ás bases, nas que se valoran as circunstancias persoais conforme ao establecido pola Deputación da Coruña para participar no PEL, a formación e a experiencia laboral e realizase unha proba práctica relacionada coas funcións propias do posto.
O tribunal está composto por empregados público se convídase como observadores un representante de cada grupo municipal, sen voz nin voto.
As bases pódense consultar no taboleiro de anuncios e na web do Concello. O prazo comezará a contar a partir do día seguinte á publicación no BOP, que se producirá nos próximos días. O Concello difundirá a dita publicación do BOP nas súas redes sociais.








Últimos comentarios