Publicada a licitación na Plataforma de Contratos do Sector Público para a contratación da pavimentación de varias pistas municipais, con cargo ao POS+ 2025 por total de 95.519,43€, IVE incluído. En total asfaltaranse 9.860 m2 nas cinco parroquias. As empresas interesadas poden presentar as as ofertas ata o 4 de marzo.

As obras licitadas céntranse na mellora da rede viaria municipal das cinco parroquias. A Xunta de Goberno Local, tras recibir as autorizacións sectoriais correspondentes a Patrimonio, AXI, Augas de Galicia e Deputación da Coruña, aprobou a licitación das obras que se realizarán en camiños das parroquias de Santa Cruz, Abade, San Xoán, Labacengos e San Xurxo.

O importe total, IVE incluído, da licitación é de 95.519,43€ O procedemento de licitación é aberto simplificado e as empresas interesadas poden presentar as súas ofertas nun prazo de 20 días naturais desde o día seguinte á o publicación na Plataforma de Contratos do Estado ( ver enlace abaixo), isto é ata o 4 de marzo.

Os camiños obxecto da intervención son camiño de Vilazanche (Santa Cruz) ,camiño de Casanova (Santa Cruz), camiño de Finlle (Abade ), camiño de Requiá (San Xurxo), camiño de Balocos (San Xoán)  e camiño do Piñeiro (San Xoán)

Limparanse e reperfilaranse as cunetas en terras dos camiños, retirando a vexetación e a capa superficial de terra vexetal, repararanse as fochas nos camiños seleccionados neste proxecto. A nova capa de rodadura consistirá nun dobre tratamento superficial a base de regos de emulsión bituminosa con grava miúda, que será un triple tratamento nas zonas onde previamente se botase a rega semiprofunda.

Ademais, no camiño do Piñeiro está prevista a formación de catro pequenos reforzos de escollera para protexer as embocaduras de entrada e saída dunha obra de drenaxe existente. No camiño de Requiá-Loureiros a actuación proposta busca a mellora na canalización e a drenaxe das augas pluviais no encontro entre o camiño de Requiá, en terra, e o de Loureiros, xa asfaltado. Tamén se mellorará a drenaxe de pluviais entre o camiño de Loureiros e a estrada DP-4907 baixo titularidade da Deputación da Coruña. Así pois, a actuación consistirá na formación de cuneta-caz revestida en formigón pola marxe esquerda do camiño asfaltado de Loureiros comezando dende a estrada DP-4907. No camiño de acceso ao local social de Labacengos, na zona da Cruz, está previsto o afirmado do mesmo, consistirá nunha capa de rodadura de 20 cm de grosor de saburra artificial, debidamente compactada

Prazo para presentación de ofertas: 4 de marzo

Enlace a licitación