Licitada a contratación das obras da ampliación da rede municipal de auga en preto de tres quilómetros, para abastecer os domicilios desde San Xiao de Arriba ás Barbelas e ás Bieiteiras coa auga que vén dos novos puntos de captación cos que conta Moeche na actualidade. Ás empresas poderán presentar as súas ofertas ata o 24 de outubro a unha licitación por valor máximo de 106.445,35 euros –IVE incluído- , financiada con cargo ao POS+AD 24 e fondos municipais. A obra ten especial relevancia dado que dará servizo a varios lugares e máis de 24 vivendas ademais de deixar preparadas as conexións para ampliar a outros puntos próximos, avanzando no obxectivo municipal de crecemento da rede de auga e autonomía na captación de auga.
Tras a recente ampliación da rede de abastecemento de auga en Santa Cruz,- Soomonte , O Retorno e a Senra- , onde xa son varias as casas co subministro dado de alta. Agora, tras a obtención dos permisos de entidades como ADIF ou Augas de Galicia, o Concello licita a ampliación da rede en case tres quilómetros que afectará aos lugares do Porcal, Barbelas, Vilachave e As Bieiteiras.
A Plataforma de Contratación do Estado recolle a publicación da licitación na que se establece un prazo para presentar ofertas ata o 24 de outubro. A obra ten como obxectivo ampliar a rede de tubaxes en preto de 2900 metros.
O arranque da nova rede de abastecemento de auga sae cun pequeno tramo desde a rede principal de San Xiao de Arriba e comprende:
– Tramo inicial entre San Xiao (pozo P1) e o cruce de Vilachave (pozo P13), cunha lonxitude total de 1.395m
– Tramo entre o cruce de Vilachave (pozo P13) e o remate deste ramal nas vivendas de Barbelas (, cunha lonxitude total de 725m
– Tramo entre o cruce das Barbelas (pozo P15) e Bieiteiras (pozo P23), dcunha lonxitude total de 680m.
Instalación dun contador para medición de caudais e detección de fugas no novo ramal e, para unha correcta xestión e funcionamento da nova rede instalaranse 10 chaves de corte nos incicios dos diferentes ramais, no contador coitado e nos tramos das futuras ampliacións, asi como outras 9 chaves de corte para baleirado dos colectores, sempre en puntos baixos da rede
para permitir así a purga e limpeza de sedimentos, arrastres e outros, así coma o baleirado das conduccións en operacións de reparación ou mantemento. Do mesmo xeito, tamén se instalarán un total de 10 ventosas trifuncionais que regulan a rede.
“Foi nas asembeas veciñais -indica a alcaldesa, Beatriz Bascoy.- onde a veciñanza trasladou esta demanda que agora se pode facer realidade e que agardou a acadar o financiamento necesario- Os traballos fináncianse cunha achega económica, o POS AD+ provincial 2024, e fondos propios do Concello e supoñen seguirmos avanzando na extensión da rede de auga, tras dar o principal paso, como foi o forte investimento para que o Concello conte con captación propia e levar auga a varios puntos Santa Cruz”
Tras a obra de construción dun sistema propio de captación-en funcionamento desde hai uns meses -, esta será a segunda grande infraestrutura na rede de subministración de agua potable executada nos últimos tempos, trala progresiva ampliación da rede de abastecemento de auga nos útimos anos. Por outra banda, o Concello prevé xa a redacción dun novo proxecto de ampliación da rede de auga nas parroquias de Abade e San Xurxo.








Últimos comentarios