Abertas as licitacións no Perfil do Contratante para a contratación da pavimentación de varias pistas municipais, con cargo a fondos propios, o POS + 2021 e o Plan marco de camiños municipais de AGADER, unha vez que acadaron a aprobación correspondente. O investimento total de todas as obras ascende a 154.815,82 euros aos que se sumarán 24.000,00 euros para o mantemento de vías e limpeza de cunetas e un proxecto con fondos propios por importe de 50.000,00 €. con cargo aos remanentes de Tesourería, incorporados ao orzamento 2021.
O primeiro dos proxectos licitados enmárcase no Plan de mellora de camiños municipais de AGADER e o Concello. O investimento realízase na pista desde estrada DP-4904 ata o cruce coa pista Abade-Labacengos, e xa pechou o período de presentación de ofertas; a fase de avaliación iníciase o xoves 24 de xuño. O investimento ascende a 43.224,95, máis o 21,00 % IVA 9.077,24, cun total de 52.302.19 euros
Os outros dous proxectos correspóndese co POS+ 2021 cun investimento total de 102.513,63 e licítanse por procedemeto aberto simplificado que se pode consultar no Perfil do Contratante do Concello de Moeche.
O proxecto de pavimentación de camiños en Pradochao, San Xurxo, Ponte do Sur e Vigo licitase por 37.987,97, máis o 21,00 % IVE 7.977, un total de 45.965,44 euros, financiado pola Deputación da Coruña con 40.000,00 euros e polo Concello de Moeche cos restantes 5965,44 euros. O prazo para a presentación de ofertas remata o o 19 de xullo de 2021.
O terceiro proxecto é o de pavimentación de camiños en Abade, San Ramón, Balocos e Ramil, cun prezo base de licitación de 46.734,04, máis o 21,00 % IVA 9.814,15, un total de 56.548,19 euros, financiado pola Deputación da Coruña con 48.859,71 euros e polo Concello de Moeche cos restantes 7.688,48 euros. Pavimentaranse un total de 2200 metros cun ancho medio e 3,5 metros. O prazo para a presentación de ofertas remata o 16 de xullo de 2021.
En total a extensión sobre a que se actuará é de máis de 4,5 quiómetros ( 4695 metros) con anchos variables desde 3,5 ata 11 metros nas zonas máis amplas con aparcamento. Pistas e camiños en Valdixe, Canosa, Libureiro, O Piñeiro –Balocos, Ramil, Pradochao, Igrexa (San Xurxo), Vigo a Trémoa, acceso a Area Recreativa de Souto Grande. Nun casos execútanse con aglomerado en quente e noutros con rega asfáltica e con reposición de canalizacións, salvacunetas e outros.
Contratación do plan de mellora e mantemento de vías e limpeza de cunetas e un novo proxecto de pavimentación de vías por 74.000,00 euros
O Concello contrata, así mesmo, mediante procedemento de contrato menor, o mantemento e “rebacheo” de camiños e a mellora e limpeza de gabias como todos dos anos, que permite manter en bo estado as vías e camiños que comezan a mostrar sinais de deterioro tralo inverno así como a limpeza de cunetas en determinadas zonas. Cun investimento de 24.000 euros actuarase nas pistas da Gangoa, A Queira, Penasalbas, A Ponte, Vilachave de Arriba, Belecoi, tramo San Xiao, Felgosa, Mexeiroa, A Fraga, A Vila , Amosa, Vilazanche, Gundiao, San Ramón- Vilanova, A Corveira, Bieiteiras-Barbelas ,…
Estase a redactar o proxecto para a nova pavimentación da pista Canosa.-Xanfero, Sulleo, O Camiño (San Xoán) e tramo no lugar da Lavandeira por un importe próximo aos 50.000,00 euros.
Últimos comentarios