A Xunta de Goberno Local do Concello de Moeche aprobou a licitación do proxecto de acondicionamento de varias pistas municipais situadas en nas parroquias  de Santa Cruz, San Xurxo, San Xoán e Labacengos. A Plataforma do Estado de Contratación do Sector Público ten publicada desde hai uns días esta licitación; as empresas interesadas poderán presentar as súas ofertas na citada Plataforma ata o 4 de agosto de 2024. O importe de  licitación ascende a 56.943,73€; o proxecto forma parte dos incluídos polo Concello nos fondos achegados no POS +2024 da Deputación da Coruña.

Son catro os camiños sobre os que se vai actuar neste primeiro proxecto do POS + 2024 financiado pola  área de Plan da Deputación da Coruña

No caso do camiño do Cardal -Santa Cruz- actuarase nas gabias polas dúas marxes, nova capa de rodadura con rega asfáltica no camiño e nos abanos e sinalización viaria, cunha lonxitude de 350  metros.

Na parroquia de San Xurxo, pavimentarase o camiño da Costa así como nas entradas dos dous ramais, ao remate do camiños, cunha lonxitude total de 125 m. Ademais da limpeza de gabias e reperfilado, construirase un salvagabias no encontro dos dous camiños co fin de evitar as acumulación de auga en época de choivas abundantes, e a posterior pavimentación con rega asfáltica.

A terceira actuación  afectará ao camiño de acceso ao pavillón municipal en San Ramón. Esta vía de acceso ao pavillón de deportes de San Ramón presenta na actualidade moito desgaste, e precisa ademais dun rebaixe xa que a día de hoxe o camiño está máis alto que as beirarrúas perimetrais do pavillón. Os 120 metros, co 4 metros de ancho e, serán obxecto de pavimentación con rega asfáltica e previa demolición do asfaltado actual na parte máis elevada.

A outra vía obxecto de mellora será camiño de acceso a varias vivendas no lugar da Igrexa, en Labacengos . Ten unha lonxitude de 120 metros cun ancho medio de 3 metros. Aplicarase unha nova pavimentación e formaransse de dous novos colectores un para a rede de saneamento e outro para a recollida de pluviais nun treito do camiño, así coma o ensanche dos primeiros 55 m de camiño para así estender a nova pavimentación ata os muros existentes e mellorar a drenaxe de pluviais con novos rexistros xa que causa problemas nas parcelas lindeiras.

As empresas interesadas poderán presentar as súas ofertas na Plataforma de Contratación do Sector Público ata o 4 de agosto de 2024. Acceso á licitación no seguinte enlace:

Enlace