O campamento desenvolverase os días 22, 23, 29 e 30 de decembro en horario de 10:00 a 14:00h tendo como base o Pavillón Municipal, aínda que se veñen días solleiros tamén se farán algunhas actividades no exterior.

A taxa por cada nena ou neno é de 25€ e inclúe os gastos de seguros e monitores. A ordenanza reguladora do servizo contempla descontos no caso de que vaian dous ou máis irmáns.

Para obter máis información sobre esta actividade pódese falar directamente co técnico de Deportes no Concello, ou contactar con el a través do 881 82 01 09 ou do correo daniel.feijoo@moeche.gal.

As inscricións haberá que formalizalas cubrindo e presentando no Concello a ficha ben presencialmente no rexistro municipal ou ben a través da Sede Electrónica.

 

Ficha de inscrición | Formato PDF

Ficha de inscrición | Formato editable