Servizo gratuíto de asesoramento á veciñanza sobre as recentes notificacións do Catastro

O Concello de Moeche prestará asesoramento gratuito aos veciños e veciñas que estes días están recibido comunicacións da Xerencia Xeral do Catastro debido ao recente proceso de regularización catastral promovido polo Ministerio de Facenda e Función Pública.

Todas aquelas persoas veciñas de Moeche que teñan dúbidas sobre esta documentación ou consideren que poden presentar alegacións poderán pasar polo Casa do Concello nos días e horas que se indican más abaixo, e persoal técnico ofreceralle información e apoio para a elaboración das posibles alegacións. O servizo prestarase durante varios días do mes de outubro, en horario de mañá o de tarde.

Moeche foi obxecto dunha nova ponencia de valores no ano 2013 e agora é un dos concellos que o Ministerio de Facenda incorporou na regularización catastral, polo que se incluirán no Catastro aqueles inmobles (vivendas, galpóns cambios de uso, etc) que a día de hoxe non figuraban.

O Goberno municipal acordou contratar este servizo co fin de prestar apoio á veciñanza na interpretacion dos escritos do catastro que están a recibir, tal e como se les comunicou aos asistentes á reunión organizada apolo Concello hai meses para informar sobre este proceso.

IMPORTANTE : as persoas interesadas en recibir asesoramento deben presentar o escrito que recibiron do Catastro e o último recibo da contribución

OUTUBRO

Mércores 11  de 09.00 a 14.00 h

Martes 17 De 10.00 a 13.00 h e de  16.00 a 18.00 h

Mércores 18    De 10.00 a 13.00 h e de 16.00 a 18.00 h

Martes 24 de 10.00 a 13.00 h e de 16.00 a 18.00 h

Mércores 25 de 10.00 a 13.00 h e de 16.00 a 18.00 h

Martes 31  de 10.00 a 13.00  e de 16.00 a 18.00 h