A Subdirección Xeral de Enerxía, da Consellería de Economía,  vén de enviarlle ao Concello de Moeche o seu informe  técnico desfavorable ao Parque Eólico Moeche promovido por ENEL GREEN POWER ESPAÑA S.L. Na reunión do pasado 23 de xullo en Santiago de Compostela entre a alcaldesa e a directora xeral de Planificación Enerxética,  esta xa lle adiantara  á alcaldesa que se o proxecto estaba fóra das áreas de desenvolvemento eólico  emitiríase informe desfavorable.

Hoxe mesmo, 9 de agosto, o Concello recibiu o informe desfavorable sobre o Parque Eólico Moeche  que basea o seu carácter negativo principalmente en 3 puntos;

  • 1) O  proxecto do P.E. Moeche, de 53 MW, promovido por ENEL GREEN POWER ESPAÑA S.L., sitúa 2 dos seus 12 aeroxeradores, 1 das súas 3 torres de medición e parte da poligonal del parque fóra das Áreas de Desenvolvemento Eólico incluidas dentro do Plan Sectorial Eólico de Galicia.
  • 2) O parque solápase co Parque Eólico Tormenta de 22,4 MW , existente en la Comunidad Autónoma de Galicia e que actualmente está en tramitación. Este parque  segundo informou a Xunta de Galicia está promovido por Greennalia Wind Power e contempla 5 aeroxeradores.
  • 3) A poligonal do parque  eólico Moeche invade a Rede Natura 2000

O informe da Xunta de Galicia respalda a declaración institucional do Concello de Moeche de rexeitamento a este proxecto que contou en sesion plenaria co voto favorable do Grupo Municipal do BNG e coa abstención do Grupo Municipal do PP.

Preme aquí para consultar o informe técnico

PARQUE  EÓLICO BADULAQUE

O outro dos proxectos que  afecta directamente ao territorio municipal de Moeche, é o denominado Badulaque. De momento o Concello non recibiu ningún informe respecto deste proxecto por parte da Xunta de Galicia.

CONTINÚA A PRESENTACIÓN ALEGACIÓNS

Desde o Concello lémbrase que a competencia sobre a tramitación  destes parques eólicos é estatal, non autonómica, polo tanto a emision destes  informes  non garante  que se paralice o proceso de autorización e neste sentido, desde o Concello anímase a seguir participando coa presentación de alegacións a P.E. Moeche e ao P.E. Badulaque.

O prazo para a súa presentación remata o 6 de setembro.  Os modelos xenéricos pódense recoller e presentar na Casa do Concello de luns a venres, de 08.30  h a 14.00 h ou ben recoller no local social do Pereiro , da man da A.VV O Val de Moeche, os luns e venres de 10 a 12 h.