O Concello de Moeche vén de recibir o informe da Xunta de Galicia ao Parque Eólico Badulaque, promovido por ENEL GREEN POWER ESPAÑA , tamén con carácter desfavorable. Este proxecto afecta directamente á parroquia de Abade.
O informe  emitido pola Consellería basea o seu sentido desfavorable en:
O proxecto do P.E. Badulaque sítúa todos os aeroxeradores e toda a poligonal fóra das Áreas de Desenvolvemento Eólico
Alegacións
Desde o Concello anímase a seguir coa presentación de alegacións tanto ao P.E. Moeche como ao P.E. Badulaque xa que este informe non garante que o proceso se pare.
? O prazo para a súa presentación remata o 6 de setembro. Os modelos xenéricos pódense recoller e presentar na Casa do Concello de luns a venres, de 08.30 h a 14.00 h ou ben recoller no local social do Pereiro , da man da A.VV O Val de Moeche os sábados pola mañá.