O Concello de Moeche percibirá este ano 22.000 euros da Deputación da Coruña destinados a sufragar parcialmente os custos do Plan de Inserción Laboral (unha das liñas do Plan de Emprego Local provincial). Convócanse no marco desta liña de axudas dous postos de carácter temporal, un de condutor- tractorista e outro de peón.
O Concello contratará persoal para dous contratos de mellora da ocupabilidade e inserción laboral. Son dous postos temporais de condutor/a tractorista e un peón. En cumprimento do establecido nas bases do programa – PIL da Deputación da Coruña- o Concello remitiulle ao Servizo Público de Emprego de Galicia a solicitude dunha listaxe de aspirantes que deben cumprir os requisitos das bases citadas, para a seguir efectuar entre elas e eles o correspondente proceso de concurso oposición de cara á cobertura temporal de ambos postos.
As prazas temporais convocadas ao abeiro do PIL son dúas, un peón, por período de seis meses, a quen se lle require posuír o carné B e desenvolverá igualmente obras e outros traballos de conservación no municipio, aínda que neste caso apoiando a quen estea á fronte das tarefas; outra, de oficial de segunda por un período de catro meses, que deberá estar en posesión do carné C para facer pequenas obras de mantemento, conducir o tractor ou o camión do lixo.
Tal e como establecen as bases publicadas polo Concello para o PIL, unha vez que a oficina das Pontes do SPEG remite a listaxe de persoas candidatas a cubrir ambos postos, realízase o proceso selectivo, que consiste, por unha banda, nunha fase de concurso para valorar obxectivamente as circunstancias familiares e persoais, así como a formación e máis a experiencia acreditadas. Posteriormente entrase na fase de oposición, consistente nunha proba práctica en relación coas funcións de cada posto, que outorga ata seis puntos.
O Concello comezou o proceso pola praza de peón coa publicación da composición do tribunal, da fase de concurso e a posterior realización das probas prácticas, á que se convocaron as persoas integrantes da listaxe enviada polo Servizo Galego de Emprego Público. Ao desenvolvemento das probas prácticas convídanse representantes dos dous grupos municipais, sen voz nin voto ao non poder formar parte do tribunal cualificador. Nas próximas semanas iniciarase o procedemento para a contratación temporal de condutor-tractorista, unha vez que o SGEP remita a relación correspondente.
Programa PIL
Últimos comentarios