As obras nos camiños da Loira- A Veiga, Vilapedre, Camiño da Estación,  A igrexa –Abade, Camiño de Vilariño quedaron xa rematadas a pasada semana  e nos próximos días darán comezo as obras do segundo proxecto  que inclúe as pistas Rega e dos Loureiros, en San Xurxo, así como o camiño de Seoane Vello e a pista do Vilar, en San Xoán. Ao tempo avanza  a licitación das obras comprendidas no Plan de mellora de camiños municipais co-financiado por  Agader e o Concello de Moeche,  que inclúe cinco vías municipais.

As tarefas de pavimentación e mellora das pistas da Loira- A Veiga, Vilapedre, Camiño da Estación,  A igrexa –Abade, Camiño de Vilariño correron a cargo da empresa local José No Mantiñán e Hijos S.L. quen presentou a mellor oferta económica por un importe de 41.765.69 €, IVE incluído, e  que supuxo a restauración dunha superficie de 6.000 m² de cinco pistas municipais. Comezaron a finais do pasado mes de xuño e esta semana o Concello recepcionou a certificación de final de  obra.

As obras do do segundo proxecto , tamén financiado con fondos municipais propios,  foran adxudicadas  á empresa Construcciones Saavedra, quen  empezará a execución nos próximos dias das pistas da  Rega e de Loureiros, en San Xurxo, así como o camiño de Seoane Vello e a pista do Vilar, en San Xoán, cun orzamento  de 34.969,00€. (IVE incluído).

Plan de mellora de camiños municipais 2018-2019  (AGADER)

Moeche recibiu 8 ofertas para o procedemento aberto polo que se contratará a pavimentación de varías vías municipais. As obras teñen un orzamento de licitación de 51.369,55€ IVE incluído, un importe que se financiará con cargo ao , no que ao Concello de Moeche lle corresponderon 43.256,00€, a cantidade restante ata completar a licitación das obras financiarase con fondos municipais.

Dúas delas presentan defectos emendables na declaraicón responsable, polo que se lles notificou desde o Concello que dispoñen dun prazo de 3 día hábiles para emendar os erros. Unha terceira empresa, a que acadou maior puntuación. incorreu en baixa temeraria e , conforme ao prego de condicións administrativas que rexe a contratación, dispón dun perído de 5 días hábiles para xustificar a citada baixa.

A información do procedemento e das fases da licitación pódese consultar no  Perfil del contratante do Concello de Moeche.