A Xunta de Goberno Local aprobou en sesión ordinaria do pasado día a licitación do servizo de mantemento eléctrico do Concello. O prezo base da licitación é de 20.239,66 euros máis o IVE, 4.250,33 euros, e o contrato terá unha vixencia de dous anos.  As ofertas poden presentarse ata o 15 de xullo de 2020 ás 23.59 horas. A documentación en relación co procedemento pódese consultar no Perfil de Contratante do Concello.

É obxecto do presente contrato o mantemento integral das instalacións básicas do servizo da iluminación pública e instalacións eléctricas municipais do Concello de Moeche. Quedan engadidos dentro do concepto básico de mantemento integral, os seguintes aspectos: mantemento preventivo, mantemento correctivo, mantemento técnico-legal, subministro íntegro do material de reposición, vixilancia, mantemento e mellora da eficiencia enerxética, instalacións de carácter provisorio.
Os puntos de luz pública son 1.032 , dos cales están en garantía 137 o que ofrece un total de 895 puntos luz a manter no marco do servizo licitado. A isto hai que sumarlle o mantemento eléctico das diferentes dependencias e edificios municipais como Casa do Concello, o CEIP San Ramón o polideportivo municipal, o campo de fútbol, a piscina e area recreativa de Souto Grande o local social de Pereiro, o local social de Abade o Recinto ferial , a antiga Cámara Agraria, Edificio da antiga biblioteca (Casabranca), o Centro Cultural Frco. Piñeiro…

O prezo base de licitación é de 20.239,66 € máis 4.250,33 € de IVE, o que dá un orzamento total de de 24.489,99 € (incluíndo o IVE) por ano de contrato. O prazo de execución de 2 anos A duración do contrato contarase a partir do día seguinte ao da formalización do contrato ou desde a data fixada no documento contractual e quedará condicionada á existencia de consignación orzamentaria axeitada e suficiente en cada exercicio orzamentario.
A forma de adxudicación do contrato será o procedemento aberto simplificado, no que todo empresario interesado poderá presentar unha proposición, quedando excluída toda negociación dos termos do contrato cos licitadores.
Toda a información referida ao procedemento está publicada no Perfil de Contratante do Concello de Moeche, onde se recollen os pregos técnicos e administrativos e toda a documentación necesaria para que as empresas presenten as súas propostas.
O prazo para presentar propostas para o contrato finaliza o venres 15 de xullo ás 23.59 h..

Para obter máis información, premer  aquí: Enlace ao procedemento de licitación