A Nave do Mercado de San Ramón acollerá o sábado 14 de decembro a sexta edición do Mercado de Nadal. O Concello está ultimando os detalles do programa, que se dará a coñecer proximamente, aínda que os postos que queiran participar poden, a partir de mañá, ir solicitando espazo no recinto rexistrando este formulario debidamente cuberto. O último día é o 5 de decembro.
Os mercados dos sábados en Moeche son sempre unha boa oportunidade para atopar todo tipo de produtos frescos e elaborados, artesanía e outros artigos, sen contar que tamén son un aliciente máis para vir dar unha volta por Moeche. Porén, o do sábado 14 de decembro, ás portas das festas, promete ser aínda máis atractivo por causa do variado número de postos que acudirán e polas actividades paralelas que se van desenvolver no recinto comercial desde pola mañá até a noitiña. Sorteos, música, mostra de torneiros, obradoiros infantís, a apertura do circuíto de educación viaria e un espectáculo familiar son as máis destacadas do Mercado de Nadal 2024.
A actividade no mercado do sábado 14 de decembro iniciarase ás 10:00h, xuntando postos de alimentación con outros dedicados a artesanía e exposicións, obradoiros e actividades, e rematará arredor das 19h da tarde.
O concello ven de aprobar as bases que regularán a participación nesta VI edición do Mercado de Nadal de Moeche, como novidade establécense unhas cotas de participación en función do espazo solicitado de 8€ para as solicitudes de espazos de 4m lineais ou menos, e de 15€ para aquelas que superen os 4m. Estarán exentos do pagamento da cota os postos habituais dos sábados e os de exposición.
As instancias poderán presentarse a partir de mañá día 22 de novembro e ata o 5 de decembro, ámbos incluído, sempre pola Sede Electrónica e, unha vez que a área de Desenvolvemento local confirme a solicitude, deberá facerse efectiva a cota de participación, nun prazo máximo de 3 días.
Últimos comentarios