Obradoiro para achegarlle esta ciencia dun xeito divertido aos e ás cativas e comezar coa conmemoración do vendeiro Día da Ciência en galego,

Este obradoiro enmárcase no  programa “Ler conta moito”  da Xunta de Galicia, ao que o Concello de Moeche se sumou este ano 2017 e permitirnos contar xa  con outras dúas actividades lúdicas e formativas na nosa Biblioteca municipal.  O alumnado do CEIP San Ramón acudirá  á biblioteca municipal para achegarse á lectura  e á ciencia dunha maneira lúdica e diferente. 

“Ler conta moito” é un programa de dinamización da lectura que lles ofrece ás bibliotecas públicas da Rede a través do seu catálogo 186 actividades de distintas categorías coas que achegar á cidadanía á lectura e á información dunha maneira lúdica e atraínte.

Sipnose: alguén roubou un valioso manuscrito na biblioteca. Afortunadamente hai restos biolóxicos do ladrón. Para descubrilo haberá que extraer ADN das mostras e comparalo cos sospeitosos. No obradoiro resolverase o caso con material de cociña e aprenderase que é a biotecnoloxía.

Data: 24 de outubro  Hora;12:30

Lugar : biblioteca municipal situada no soto do Casa do Concello