O Boletín Oficial do Estado publicou este mércores 18 o anuncio de información pública do estudo de impacto ambiental e da solicitude de autorización administrativa previa dun novo proxecto de parque eólico, o parque Nordés, promovido por Greenalia Wind Power Nordés S.L.U. nos municipios de Moeche, Cerdido e Valdoviño. Con este novo proxecto, son catro os proxectos de parques eólicos que afectan a Moeche, – P.E. Moeche e P.E. Badulaque de ENEL, P.E. Tormenta de Greennalia, este último aínda non publicado, e P.E. Nordés tamén de Greennalia.

O parque eólico Nordés terá unha potencia instalada de 67,2 MW que se evacuará ata Abegondo mediante a construción dunha liña eléctrica aérea que cruzará varios concellos: Cerdido, Moeche, Somozas, As Pontes, Monfero, Aranga, Coirós, Oza-Cesuras, Abegondo, na provincia da Coruña, Xermade e Guitiriz na provincia de Lugo. Conta con 12 aeroxeradores tripala de velocidade variable e paso variable, con 150 m de rotor e potencia nominal unitaria de 5,6 MW 50/60H., con 105 m de altura de buxe e una subestación elevadora, SET PE NORDÉS 30/220kV, que se situará no concello de Moeche. O orzamento total ascende a 129.891.624,71 euros.

Aeroxeradores no termo municipal de Moeche

O proxecto sinala catro aeroxeradores no termo municipal de Moeche, dos 12 que comprende o parque, aínda que se se comproban as coordenadas que figuran na documentación son 2 os aeroxeradores que se sitúan non termo municipal de Moeche, o núm. 9 e o núm. 10.,  xa que as coordenada dos núm.7 e núm. 8 correspónden con  terreos situados fóra dos límites de Moeche, ainda que moi próximos. Estas máquinas sitúanse moi próximas ás contempladas no P.E. Badulaque, tamén en período de información pública.

Cadro de aeroxeradores en Moeche que figura no proxecto:

Coordenadas
Número AEROXERADORES X Y Concello
AE07 579.412 4.827.949 * Moeche 
AE08 579.743 4.827.469 *Moeche
AE09 580.072 4.827.063 Moeche
AE10 580.451 4.826.697 Moeche
  • As coordenadas indicadas correspóndense con parcelas situadas no concello de Cerdido.

PRESENTACIÓN DE ALEGACIÓNS

Se ben xa se publicou no BOE un prazo de 30 días hábiles para a exposición pública e de presentación de alegacións, este prazo contará tras a última publicación nun diario oficial. O Concello presentará alegacións a este proxecto, como o fai cos outros dous, e ofrecerá modelos de alegacións para quen desexe presentalas. Tan axiña como estean redactadas, comunicarase a data a partir de cal se poderán recoller.

Documentación pública do proxecto Nordés