Adxudicado o contrato da explotación do ambigú da área recreativa Soutogrande, que xa abriu as súas portas na primeira xornada da piscina municipal. Na primeira semana a piscina xa tivo unha boa afluencia de público e os abonos familiares e individuais xa se esgotaron nesta semana inicial; estes abonos limítanse con base na capacidade establecida do vaso da piscina así como pola porcentaxe de reserva de entradas a disposición do público diariamente.
Na piscina acollerá na segunda semana o inicio dos curso de natación infantil e aquagym para persoas adultas; un día á semana, pola mañá , será a rapazada do campamento municipal Sementeira quen poderá gozar dela.
A explotación do ambigú da área recreativa foi adxudicado a Uxía Fernández mediante contrato menor tras a presentar a correspondente oferta- 400€/tempada- e cumprir coa documentación e as obrigas establecidas no prego de condicións administrativas do proceso de licitación inicial.
Dadas as altas temperaturas, lémbrase – e indicase mediante anuncio na propia area recreativa- que o uso das grellas na area recreativa está limitado polo Indice de Risco de Incendios que cada día publica a Consellería de Medio Rural. Pódese consultar en https://mediorural.xunta.gal/es/temas/defensa-monte/irdi.
Cando o IRDI sexa moi alto ou extremo non se poderá facer lume nas grellas.
Últimos comentarios