Rematada a primeira actuación do Plan de mantemento de camiños e vías municipais 2017.
Esta primeira actuación de mantemento, por importe de 8.491,29 €, supuxo o amaño de fochas naquelas pistas que comezan a deteriorarse. Un total de 820 metros cuadrados foron “rebacheados” nas diferentes parroquias a cargo da empresa local, mediante contrato menor, Jose No Mantiñán e Hijos,Construcciones,
Abade: A Conxerga, O Coto, Finlle, Valdixe, Vilariño; Santa Cruz: baixo do Vilar, O Castro; Labacengos; Abelleira, pista Labacengos aos Campos, pista interior das Barbelas; San Xoán: A Feira, Empalme -As Pedreiras, O Piñeiro, entrada Beleiriz; San Xurxo: entrada Cristo de Rañal (Loureiros), As Filgueiras, Ponte -Penasalbas, Requiá, A Costa.
Nos próximos días contratarase a execución dos proxectos do Plan municipal de mellora e pavimentación de camiños e vías, que supón actuacións de pavimentación e adecentamento dalgunhas pistas que requiere unha actuación máis profunda para mantelas en boas condición, por importe superior aos 20.000,00€.
Estas actuacións con fondos propios súmanse ás obras de pavimentación incluídas no Plan Único financiado pola Deputación da Coruña, cun investimento de 100.221,00€.








Últimos comentarios