O Pleno reunirase en sesión ordinaria o xoves 19 ás 20.00 horas, na que,  ademais dos  habituais asuntos de trámite, someterase a aprobación o Proxecto de instalación de contadores nos ramais principais da rede de abastecemento de auga e varias chaves de corte, o  que vén  completar a primeira fase  executada hai uns meses na que se instalaron contadores nas instalacións municipais, no propio depósito e unha válvula redutora.  Este proxecto  ten un importe de 18.168,77€  e estará co-financiado pola Deputación da Coruña ao abeiro do Plan complementario do Plan Único 2017, que tamén destina 75.000,00€  para a mellora da iluminación da AC-862.

Determinaranse as datas das festas locais para o ano 2017,  someterase a aprobación a creación do Consello Local da Infancia e  Adolescencia e  da Mesa de Coordinación interna para a participación infantil, como pasos previos para obter a condición de Concello Amigo da Infancia.

Así mesmo,  debaterase a adhesión do Concello ao protocolo da campaña  En Negro contra a violencia, un programa contra a violencia de xénero no que participan 3 Deputacións  e 52 concellos, así como a adhesión de Moeche á Xunta prodevolución do Pazo de Meirás impulsada pola Deputación da Coruña.

Como en toda sesión ordinaria do Pleno, ao rematar o último punto da orde do día, abrirase a quenda das veciñas e veciños asistentes.

Convocatoria pleno