Presentación conxunta onte das xeorutas organizadas polos concellos de Cedeira, Moeche e Ortigueira, no marco do Proxecto Xeoparque Cabo Ortegal. A tenente de alcalde, María Xosé Rodríguez, e o alcalde do Concello de Cedeira, Pablo Moreda, xunto coa alcaldesa do Concello de Moeche, Beatriz Bascoy, e o xeólogo Francisco Canosa presentaron as novas xeorrutas que os respectivos concellos, e o de Ortigueira ,ofrecen este verán.
Moeche organiza dez saídas, dúas para a xeoruta do toelo (6 euros) e oito á mina Piquito (10 euros, con seguro e casco incluido). Para visitar a antiga explotación, con 20 prazas por día, repartidas en dúas quendas de dez, hai que levar botas de auga e lanterna.

Para máis información [visitar ligazón].