Un total de 32 solicitudes recibiu o Concello para a bolsa de emprego de técnico /a do Centro de Interpretación do Castelo de Moeche.

As bases e a relación de persoas admitidas e excluídas pódense consultar nesta ligazón. Establécese un prazo de dous días hábiles para reclamacións.

O proceso selectivo ten como obxectivo crear unha bolsa de emprego para seleccionar unha persoa con carácter temporal , para traballar durante 6 meses. A xornada de traballo será de 30 horas semanais.

O tribunal de selección, realizada a baremación, publicará no taboleiro de anuncios e na páxina web do Concello, a relación de aspirantes por orde de puntuación obtida, e indicando o lugar e data de celebración da proba escrita.
Na fase de concurso valoraranse os méritos ata un máximo de 6,00 puntos. Por servizos prestados en postos de igual ou similar natureza na Administración ou na empresa privada facendo tarefas semellantes ata un máximo de 2,50 puntos. Por formación académica ata un máximo de 3,00 puntos e polo coñecemento acreditado do idioma galego, 0,50 puntos.(Celga 5).
A fase de oposición consistirá na realización dunha proba escrita de carácter práctico sobre a dinamización e divulgación do Centro de Interpretación da Revolución Irmandiña que será determinada polo tribunal e se desenvolverá nun tempo máximo dunha hora. A proba cualificarase polo tribunal de cero dez puntos, sendo preciso acadar 5 puntos como mínimo para non quedar eliminado/a.

O Tribunal constituirase nesta semana e estará composto por unha persoa na presidencia que deberá ser funcionaria de carreira pertencente a un corpo ou escala que esixa para acceder a ela unha titulación igual ou superior á convocada, por tres vogalías con idénticos requisitos e por unha persoa na secretaría que deberá ser funcionaria con habilitación de carácter estatal ou quen legalmente a substitúa.

Constituirase unha Bolsa de Emprego coas persoas candidatas que aproben todas as probas e xustifiquen o cumprimento de todos os requisitos e terá unha vixencia de 3 anos