Esta convocatoria extraordinaria permite ofrecer estabilidade aos postos de traballo ocupados de forma temporal desde hai anos con aplicación do establecido na Lei 20/2021, de 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público. O proceso de consolidación do emprego temporal no Concello de Moeche avanza coa publicación da convocatoria de 4 prazas de auxiliares do Servizo de Axuda no Fogar e 1 praza de técnico de deportes e a correspondente convocatoria. As bases e  a convocatoria foron obxecto das necesarias  publicacións no BOP, DOG e BOE e o prazo de presentación de  solicitudes mantense aberto ata o 20 de xaneiro.

A praza de técnico deportivo e as prazas de auxiliares de SAF convócanse mediante sistema de concurso, agás unha  destas últimas que debe convocarse por concurso -oposición tal e como establece o marco legal.

A norma establece a obrigatoriedade de consolidar aquelas prazas estruturais que teñan dotación orzamentaria e estean desempeñadas por persoal temporal. Para iso  a aprobación da modificación da RPT era o paso previo á aprobación, antes do mes de xuño, da Oferta de Emprego Público 2022,  que recolleu o listaxe  de prazas. O Goberno municipal someteu en abril a Pleno a modificación da relación de postos de traballo para adaptala á Lei 20/2021, de 28 de decembro, de medidas urxentes para poder iniciar a redución da temporalidade no emprego público e consolidar os postos de traballo ocupados temporalmente desde hai anos. O acordo, aprobado en sesión plenaria  só cos votos favorables do Grupo de Goberno, foi sometido a información pública mediante anuncio no BOP durante 15 días.Publicada a OEP , e tras a redacción de bases xerais e posteriormente das bases específicas de cada posto e tras as correspondentes mesas de negociación sindical, publicáronse no BOP,  no DOG e finalmente no BOE. Neste momento está aberta a convocatoria de 4 vacantes do Auxiliar do Servizo de Axuda no Fogar , mediante un procedemento de consolidación de emprego temporal, así como a de técnico deportivo. Esta última e 3 das prazas do SAF convócanse mediante concurso, e 1 praza de auxiliar de SAF mediante concurso-oposición. Ata o día 20 de xaneiro poden presentarse solicitudes segundo a forma establecida na base terceira das bases xerais  publicadas no BOP (ver enlace abaixo).

* 3 prazas auxiliares servizo axuda no fogar, réxime persoal laboral, : Grupo V. Xornada completa. Forma de provisión: consolidación emprego temporal, concurso
* 1 praza auxiliar do servizo de axuda no fogar, réxime persoal laboral, Grupo. Xornada completa
Forma de provisión Consolidación emprego temporal, concurso-oposición
* 1 praza técnico/a deportivo/a, réxime persoal laboral, : Grupo III. Xornada completa.
Forma de provisión consolidación emprego temporal, concurso.

Nos concursos valorarase a experiencia profesional, nomeadamente na Administración local convocante así como a formación específica en relación coas prazas ofertadas. En aplicación do artigo 50.3 da lei 2/2015 de emprego publico de Galicia non poderán participar nos procesos selectivos as persoas que xa pertenzan, como funcionarios/as de carreira ou persoal laboral fixo os corpos, escalas ou categorías que son obxecto da convocatoria profesional

O Concello dispón dun máximo de dous anos para levar a cabo as probas ou concurso. A este respecto, e aínda sabendo que existe esta marxe para a realización, o Goberno debía cumprir co requirido só para as prazas de consolidación de emprego, e publicalas antes de 31 de decembro de 2022.

Fóra do proceso extraordinario de consolidación de emprego temporal queda a convocatoria posterior doutras 3 prazas, 2 de servizo de axuda no fogar e 1 de servizos e obras, asi como o que estableza a nova RPT.

 

Bases Bop
Anunció DOG
Convocatoria BOE