O PEL, Programa de Emprego Local, é o programa que a Deputación da Coruña lle ofrece aos municipios para contratar persoas desempregadas para desenvolver tarefas propias das competencias municipais relacionadas con obras e servizos.

A cantidade asignada a Moeche en 2019 no programa PEL-22,000,00€- permitirá a contratación de dúas persoas, un ou unha operaria de servizos múltiples e un ou unha operaria tractorista- condutora por un período de 6 meses, cunha xornada laboral de 35 horas, en horario de mañá e tarde.  As bases do proceso de selección publicáronse no BOP do venres 7 de xuño.  A solicitude para tomar parte nas correspondentes probas selectivas axustarase ao modelo que figura como Anexo I nas Bases, dirixirase a alcaldesa do Concello de Moeche, no prazo de 7 días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicacion do anuncio de convocatoria no Boletin Oficial da Provincia. O resto dos anuncios expoñeranse no taboleiro de anuncios do Concello de Moeche e na sua paxina web www.moeche. gal. 

A selección farase mediante concurso-oposición sobre unha listaxe das persoas candidatas que deben cumprir determinados requisitos, como estar en situación de desemprego entre outros ou estar en posesión do carné de conducir tipo B, no caso do tractorista- condutor, tipo C e CAP.. Deberán desenvolver funcións xerais relacionadas cos servizos mínimos municipais tales como iluminación publica, recollida de residuos, limpeza viaria, abastecemento domiciliario de auga potable, rede de saneamento, acceso aos núcleos de poboación e pavimentación das vías publicas. Asi mesmo as relacionadas coas pequenas obras de reparación e mantemento dos ditos servizos,mínimos.

Os postos que se cubrirán dentro do PEL son os seguintes:

  • Tractorista-condutor/a, durante 6 meses, cunha xornada de 7 horas ao día, para manexar a maquinaria municipal, o camión da recollida de residuos, mantemento de rede de subministro de auga, desbroce con tractores municipais, manexo de cisterna e outros accesorios, recollida de lixo, tarefas de roza e limpeza de vías municipais e outras relacionadas coas funcións xerais citadas arriba .

  • Oprario/a de servizos múltiples ,cunha xornada de 7 horas ao día, durante 6 meses, para realizar funcións como: amaño de avarias diversas (electricidade, fontanería, pintura, etc) de pouca entidade nas instalacións municipais e axuda aos especialistas nas labores de reparación de importancia , recollida de voluminosos, recollida no servizo municipal do lixo, mantemento das instalacións municipais e control de acceso, uso e mantemento, limpeza e conservación das zonas e elementos públicos, control e comunicación das necesidades de reposición de bens e materiais, desbroce de vías e zonas publicas, tarefas xerais para o bo funcionamento dos servizos básicos municipais e dos edificios municipais. pequenas obras de mantemento.

Documentación descargable:

Bases do PEL (Deputación da Coruña)

Bases específicas contratación persoal ao abeiro do PEL