O programa “Verán en acción” volve nos meses de xullo e agosto, acompañado de actividades culturais e do agardado campamento Sementeira. Proporanse actividades ao aire libre para distintas idades que, neste 2021,  son máis respecto ao ano anterior aínda que seguen condicionadas pola necesidade de adoptar medidas preventivas dos contaxios. Volven os cursos de natación infantil, a actividade de Aquagym, o tenis infantil e varias rutas de senderismo para percorrer as parroquias. Tamén poderemos gozar da  actividade cultural e de conciliación: o campamento Sementeira, cine ao aire libre, música, xeorutas, sen esquecer as visitas ao castelo, aberto desde o pasado mes de abril.

Xa está aquí o verán ,unha época na que o corpo pide saír da casa e moverse, e o noso Concello conta cunha ampla oferta de actividades ao aire libre nos seus espazos deportivos e naturais-  A Concellería de Deportes ofrece  unha programación de actividades deportivas similar á doutros veráns pre-pandemia aínda que cos protocolos COVID activados.

As actividades deportivas do Verán en Acción desenvolveranse con grupos reducidos, asegurando a separación entre persoas e incidindo tamén na hixiene e na etiqueta respiratoria. A día de hoxe, a normativa sanitaria esixe realizar actividades con  grupos reducidos de 10 persoas + 1 monitor en espazos abertos e 6 persoas +1 monitor en espazos pechados.  Uso de máscara, agás nas actividades acuáticas, e  manter a distancia interpersoal de 1,5 metros.

Rematan as escolas deportivas da tempada 2020/2021

Antes de comezar as actividades propias do verán, o 18 de xuño daranse por finalizadas as escolas deportivas desenvolvidas durante os meses de outono, inverno e primavera. E, aínda que este ano non se pode celebrar coa exhibición ou a cea doutros anos, si que se lles fará entrega dun diploma e un agasallo aos 39 alumnas/os que participaron de forma exemplar e responsable neste ano tan difícil.

As inscricións  nas actividades de verán poden facerse a partir do 7 de xuño con cita previa no departamento de Deportes, no correo daniel.feijoo@moeche.gal, na Sede Electrónica municipal ou, o máis doado, contactando directamente co técnico telefonándoo ao 981 404 006 ext.3. Os impresos estarán a disposición das persoas interesadas nesta nova e na Sede Electrónica desde mañá venres, 4 de xullo.

Programa Verán en Acción 2021

ACTIVIDADE HORARIO LUGAR PREZOS*
Natación infantil (4-16 anos) Mércores e venres 12:00 -13:00 Piscina municipal de Soutogrande 12€/mes; 22€/ curso completo
Natación/aquagym adult@s Luns e xoves 12:00 -13:00 Piscina municipal de Soutogrande 15€/mes; 28€/ curso completo
Tenis infantil (5- 16 anos) Luns 11:00 – 13:00 Pistas de tenis e pádel de Abade 7€/mes; 13€/ curso completo
Exercicio físico no parque (maiores de 55 anos) Martes e xoves 10:00 -11:00 Parque biosaudable San Ramón 9 € /MES

RUTAS DE SENDEIRISMO

Ruta 1 de SendeirIsmo 18 de xullo 10:00 h Parroquia de Abade De balde
Ruta 2 de sendeirismo 1 de agosto de xullo 10:00h Parroquia de Santa Cruz De balde
Ruta 3 de sendeirismo 29 de agosto 10:00h Parroquia de San Xurxo De balde

Nos próximos días anunciaranse os percorridos definitivos destas rutas polo termo municipal

Cine, musica e conciliación
A Concellaría de Cultura tamén programou sesións de cine ao aire libre adaptadas ás medidas preventivas, é dicir, con aforo limitado e distanciamento físico entre persoas non conviventes, asi como espectáculos musicais.

Cine ao aire libre  na  Área Recreativa. Entrada gratuíta

Cine O Ratiño dos teus soños 1 17 de xullo de 2021 ás 22:15 Área Recreativa Souto Grande
Cine O Ratiño dos teus soños 2 14 de agosto de 2021, ás 21:30 h24 Área Recreativa Souto Grande

Día de Galicia : visita nocturna con música  no Castelo 

O Castelo ofreceranos visitas nocturnas na noite do 24 de xullo na que poderemos observar reproducion da Catedral  iluminada; estas visitas guiadas estarán ambientadas polo son da música do grupo Keilin Emsamble  a partr das 22.00 horas. Estableceranse grupos  reducidos co visitas de 45 minutos e unhas semanas antes  comunicarase o sistema de acceso.

Rutas guiadas nocturnas no castelo coa música do quinteto Keilin Ensamble 24 de xullo, ás 22:00 horas Castelo de Moeche

 

Campamento Sementeira 2021

Por outra banda, a área de Igualdade e Infancia  recupera en toda a súa plenitude a actividade de conciliación Sementeira durante o mes de xullo e agosto. A información detallada sobre o seu contido, os prezos e os criterios de adxudicación publicarase  nestes días

E como novidade neste eido, a mediados de verán  realizarase un “campamento” para a mocidade con obradoiros e actividades variadas que  o Concello  consulta cos adolescentes do CLIA para que dean a súa aprobación antes de pechar o programa.

Impresos para as inscricións:

Natación infantil  PDF   DOC

Tenis infantil PDF     DOC

Aquagym PDF   DOC

Exercico de mantemento no parque PDF  DOC