O próximo día 1 comeza unha nova edición do campamento Sementeira, que rematará o 28 de agosto. Na primeira quenda, a do mes de xullo, cubríronse as 30 prazas e creouse unha listaxe de agarda por se houbese algunha baixa. Dada a demanda ampliouse nun 10%. o número de prazas. Un total de 33 nenas e nenos inscritos en prazo con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos, na súa maioría alumnado do CEIP San Ramón ou ben con nais ou pais empadroados en Moeche. Das 37 solicitudes recibidas, só 33 puideron ser admitidas, 24 nenos e nenas que estudan no CEIP San Ramón, 9 nenos e nenas con familiares empadroados en Moeche , e establécese unha lista de reserva por se houbese algunha baixa. Un total de 19 nenos e nenas xa reservaron praza para o mes de agosto. Con todo, como é habitual, do 13 e o 22 de xullo abrirase un período de inscrición para aquelas familias que só poidan ou queiran acudir ao segundo mes do campamento.
A área de Benestar Social e Igualdade publicou hoxe no taboleiro de anuncios do Concello a resolución da Alcaldía coa listaxe provisional de nenos e nenas admitidas no Sementeira 2026 , que comeza o próximo 1 de xullo. Establécese un prazo de tres días naturais para presentar alegacións.
Sementeira proporalles unha chea de actividades educativas e de lecer cada semana en espazos tan variados como o Castelo, a área recreativa de Souto Grande, a piscina municipal ou o recinto feiral, co seu circuíto de educación viaria, ademais do pavillón polideportivo, xa tradicional espazo base deste campamento.
A itinerancia é unha das características de Sementeira desde o seu inicio así como estar concibido como unha aventura de descubrimento da cultura, o patrimonio e os recursos ambientais do municipio, ademais de traballar valores e habilidades como o da igualdade, o respecto, a escoita activa, a responsabilidade e a corresponsabilidade. Ao longo dos próximos dous meses as actividades serán moi diferentes: acuáticas, científicas, creativas, de reciclaxe, deportivas, artísticas tecnolóxicas, excursións, etc., que apostan sempre polo traballo en grupo da rapazada. Ademais, durante o campamento tamén se agardan visitas sorpresa de persoas de dentro e fóra de Moeche para compartir coas nenas e nenos coñecementos en distintos ámbitos.
Información ás familias
Para a quenda de xullo co fin de informar das actividades e sobre todos os aspectos de Sementeira vaise celebrar unha xuntanza nos vindeiros días -contactarase coas familias para fixar o día e a hora.
Inscricións para a quenda de agosto do Sementeira
De cara á segunda quenda de Sementeira, a do mes de agosto, o Concello xa recibiu 19 solicitudes de preinscrición presentadas por familias con acceso prioritario (alumnado CEIP San Ramón, familiares con empadroamento e/ou vinculación laboral). Quen teña interese en dispor de praza só para o segundo mes do campamento debe presentar a documentación entre o 13 ao 22 de xullo, ambos días incluídos, ben a través da Sede Electrónica municipal ou presencialmente no Concello.
A prelación na asignación de prazas será a mesma que para a quenda de xullo, é dicir, primeiro as solicitudes dos nenos e nenas do CEIP San Ramón, en segundo lugar as familias con algún membro empadroado no concello de Moeche (por esta orde: nais e pais, avoas e avós) e, por último, as familias con algún dos membros con vinculación laboral no municipio.
Llistaxe provisional de admisión e exclusión
O Campamento Sementeira conta cunha colaboración económica de 10.960,00 € do Plan Corresponsables co financiado coa Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e polo Ministerio de Igualdade, para colaborar no financiamento do contrato do servizo que ascende a 15.840,00€; a cantidade restante mais os gastos xerais asúmense con fondos propios do Concello e as cotas das persoas inscritas.








Últimos comentarios